A Cámara de Comercio de España destinará máis de 35 millóns de euros para impulsar a innovación nas pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A iniciativa InnoCámaras, impulsada pola Cámara de Comercio de España, contará cun presuposto de máis de 35 millóns de euros para impulsar a innovación nas pequenas e medianas empresas durante o período 2016-2023. O programa combina o asesoramento directo, gratuíto e personalizado por parte de expertos coas axudas económicas concedidas grazas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Desde o seu lanzamento hai nove anos, máis de 16.000 pemes se beneficiaron deste plan. De todas elas, 8521 puideron coñecer de primeira man que práctica innovadora necesitaban para ser máis competitivas. Destas, case a metade  puideron aplicar estas recomendacións co financiamento dos fondos FEDER. A presidenta da Cámara de España, Inmaculada Riera, destacou que "hai que poñer a disposición destas compañías instrumentos para seguir innovando, xa que este é o eixe no que nos xogamos o crecemento".

O 38% das pemes que participaron no programa fíxoo mellorar a organización e xestión empresarial, sobre todo a través da introdución de novas tecnoloxías. O 25% que se centrou no produto ou servizo requiriu o uso de TIC para facelos máis innovadores ou a introdución directa de melloras. Na área do modelo de negocio, o apoio concentrouse no desenvolvemento de novos produtos e a busca de novos mercados. Por último, na innovación de procesos, o máis solicitado foi a enxeñería de procesos, seguidos do emprego das TIC.

As compañías que máis acoden ao programa InnoCámaras son aquelas con baixo volume de facturación e poucos empregados no cadro de persoal. O 47% das participantes tiña entre dous e nove traballadores, seguido por aquelas que contan con entre 10 e 49, que supoñen o 34% do total. Por volume de facturación, as máis habituais -o 53%- son aquelas que non superan a barreira dos 500.000 euros anuais.

(Fonte: Expansión)