CaixaBank, Seat, Telefónica, Agbar e Naturgy alíanse para atraer innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

CaixaBank, Seat, Telefónica, Agbar e Naturgy crearán Start4Big, un centro ou hub para que as empresas innovadoras, startup, nacionais e internacionais desenvolvan oito proxectos ao ano.

As grandes empresas dispoñen de grandes carteiras de clientes, canles de distribución e posicionamento de marca, pero teñen un problema: a súa enorme estrutura impídelles ser áxiles en innovación e ter a flexibilidade da que gozan as empresas emerxentes para probar novas ideas. Por esta razón creou Seat unha empresa satélite, XMoba, que se centra na innovación en mobilidade, ou Telefónica impulsou a aceleradora de startup Wayra. Agora, Seat e Telefónica decidiron aliarse con outras tres grandes compañías, CaixaBank, Aigües de Barcelona e Naturgy, para crear unha plataforma de impulso a startup nacionais e internacionais.

O hub, que se chamará Start4Big e que será presentado despois do verán, lanzará oito desafíos ao ano e seleccionará a empresas emerxentes para que desenvolvan solucións e aproveiten a infraestrutura dos cinco socios, que representan en conxunto a máis do 2% do PIB.

Financiamento variado

Os impulsores do Start4Big non detallaron a contía dos investimentos nos proxectos xa que dependerá das súas necesidades. Nalgún proxecto poderían investir directamente e noutros abriríana a financiamento exterior. Os primeiros desafíos lanzaranse no último trimestre do ano.

A plataforma de innovación, segundo fontes das compañías implicadas, está en fase de desenvolvemento e aínda non concretou que proxectos impulsará. O que si aseguran é que os proxectos gozarán das infraestruturas de varias das grandes compañías asociadas. Por primeira vez poderán traballar con máis dunha gran corporación ao mesmo tempo. A formulación dos socios é buscar empresas emerxentes que teñan percorrido e que xa conseguisen financiamento. A oficina técnica na que xa traballan 20 persoas está en Barcelona.

Cada seis meses, o hub lanzará á comunidade de startup tres retos multisectoriais como a mellora da atención ao cliente mediante a intelixencia artificial, ou como optimizar a cadea de produción con blockchain. Ademais, cada seis meses, lanzarán un desafío transversal que afecte a todos os sectores implicados, e que poderá desenvolverse no cinco empresas á vez.

(Fonte: El País)