A Caixa, Enisa e o Igape convocan o Emprendedor XXI para novas empresas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Caixa, Enisa (Ministerio de Economía) e o Igape acaban de convocar a undécima edición dos premios Emprendedor XXI en Galicia, un certame dotado con 5000 euros que busca identificar, recoñecer e acompañar as empresas innovadoras con maior potencial de crecemento e con menos de tres anos de actividade.

Os emprendedores que queiran presentar as súas iniciativas teñen de prazo dende o 4 de setembro ata o 3 de novembro para enviar a súa candidatura a través da web www.emprendedorXXI.es. En novembro e decembro, avaliaranse as candidaturas para seleccionar os finalistas territoriais, de entre os que sairá o gañador nacional.

Esta edición o premio ábrese a Portugal. A Caixa repartirá cinco premios principais nacionais en Ciencias da Vida, Tecnoloxías da Información, Negocios Dixitais, Tecnoloxías Industriais e Agroalimentario, todos dotados con 25.000 euros. Haberá ademais 19 premios ás empresas con maior impacto na súa área de procedencia: 17 en cada comunidade española e 2 en Portugal.

(Fonte: La Opinión)