C-VoUCHER abre unha nova convocatoria para adoptar a economía circular, ofrecendo financiamento a pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

C-VoUCHER é a primeira iniciativa paneuropea que axuda ás empresas a remodelar e redeseñar as súas cadeas de valor, pasando de modelos lineais a circulares. Esta primeira convocatoria para innovadores ofrece 15.000 euros a pemes que desenvolvan plans de viabilidade para adoptar solucións de economía circular.

As dezaoito pemes seleccionadas participarán nun programa de tres meses de duración, contando co apoio dun experto en design thinking e sesións de asesoramento con expertos en financiamento.

A primeira convocatoria aberta para empresas innovadoras busca a pemes que exerzan a súa actividade no sector saúde, agroalimentario, téxtil, manufactureiro, marítimo ou naval e que desexen desenvolver plans de transformación das súas cadeas de valor dun modelo lineal a un circular.

As pemes interesadas en adaptar as solucións ou modelos existentes e crear os seus plans de viabilidade deben completar e enviar a súa solicitude antes do 31 de outubro de 2019.

C-VoUCHER é a primeira iniciativa paneuropea, financiada pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é facilitar a adopción do concepto de economía circular para transformar as cadeas de valor lineais (cradle to waste) en modelos circulares (cradle to cradle®). O proxecto distribúe un total de 4,2 millóns de euros a través de catro convocatorias públicas para pemes.

O proxecto aproveitará un total de seis millóns de euros de financiamento complementario, proporcionado por investidores públicos e privados, para as pemes seleccionadas. Tamén se desenvolverá un conxunto de ferramentas de deseño circular rexional para incorporar esta metodoloxía a outras rexións da UE.

(Fonte: Economía de hoy)