Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Lincbiotech lidera un proxecto para frear enfermidades graves

A compañía Lincbiotech, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, lidera un proxecto europeo para desenvolver moléculas que freen enfermidades graves tras obter un financiamento de 3 millóns. Contará, como socio, coa participación do Grupo de Neuroenvellecemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), ademais de catro entidades de Bélxica, Portugal e Reino Unido. A investigación centrarase en analizar a eficacia das novas moléculas en estudos in vivo e in vitro e verificará o seu potencial para o tratamento do pé diabético.

O desembarco dos fondos inversores en Ourense: o exemplo de Coasa

O desembarco dos fondos de investimento na provincia de Ourense prodúcese a contagotas. A chegada de capital foráneo para relanzar empresas locais afecta a sectores tan dispares como o da lousa ou os xeriátricos. Hai outras operacións, como a do centro comercial Way Ourense, do investidor Kronos Real Estate Group, que se atopan en punto morto á espera de que se execute a licenza solicitada no polígono de San Cibrao das Viñas.

O papel do CIS-Madeira na restauración da catedral de Santiago

A restauración da catedral de Santiago permitiu descubrir infinidade de novidades sobre o seu complexo proceso construtivo. O último deles ten ao seu baldaquino como protagonista, pero tamén outro espazo de referencia de Compostela, o convento de San Domingos de Bonaval. E a conexión entre ambos os símbolos da capital galega xorde grazas ao traballo do CIS-Madeira (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia), organismo que se encargou de todo o que ten que ver co uso deste elemento para restaurar a catedral.

Coren inviste sete millóns na compra de castañas para alimentar os seus porcos da gama Selecta

O Grupo Coren asinou a compra de máis de catro millóns de quilos de castañas cos que alimentará aos seus porcos destinados á gama Selecta durante o 2023. Trátase dunha renovación do convenio de adquisición deste alimento que a cooperativa ourensá ten desde hai anos con Alibós, a principal empresa recolectora e transformadora de castaña de Galicia.

O Centro Tecnolóxico da Carne participa nun proxecto destinado á mellora xenética do porco celta

A explotación porcina Casa Labradela, situada en Cervo, forma parte dun proxecto de investigación en materia xenética da raza porco celta no que participa a Xunta de Galicia. Nesta acción colaboran o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o Centro Tecnolóxico da Carne e a asociación de criadores Asoporcel.

A Galicia aeroespacial toca o ceo

«Galicia é a única comunidade que deu un salto de xigante en materia aeronáutica», di Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), baseando a súa reflexión nas cifras que avalan o crecemento -máis de 1.250 traballadores e case 100 millóns en vendas-, e na capacidade tractora de xigantes do sector: desde Boeing, Babcock e Indra, até a recente incorporación de Airbus.

“Galicia Avanza” presenta en Tecnópole os resultados da súa primeira edición (15 de febreiro)

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” pecha a súa primeira edición o 15 de febreiro, cun evento en Tecnópole. Esta iniciativa nace da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Durante a xornada, as 30 pemes participantes presentarán os resultados do seu paso polo programa.

Alumnado de 10 a 18 anos de toda Galicia pode participar no desafío científico “Atrévete coa Aeronáutica!” que propón este ano Galiciencia

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.

A Axencia Galega de Emerxencias instala o seu equipo de drons en Tecnópole para o alumnado da Aula Newton

O 11 de febreiro conmemoráronse dúas datas importantes: o Día Europeo do 112 e o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con tal motivo, a Axencia Galega de Emerxencias -AXEGA-, a través do 112 Galicia, realizou en Tecnópole unha serie de actividades para o alumnado da Aula Newton. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente de Axega, Marcos Araújo, acudiron ao Parque e acompañaron á rapazada nesta experiencia, ao tempo que responderon ás súas inquedanzas sobre o 112 e o día a día da Axencia.

Coinscrap Finance axuda a aforrar aos millennials

"Aforrar non é sexy". A afirmación de David Conde, cofundador da fintech Coinscrap Finance, coincide cun curioso dato recente extraído do estudo 'The Millennial Disruption Index': o 71% dos millennials prefire ir ao dentista que á súa sucursal bancaria. A súa empresa, que actualmente pertence ao Visa Innovation Program e que participou no Visa Demo Day, deu pasos de xigante para consolidar o seu obxectivo: axudar a máis de dous millóns de familias nos vindeiros dous anos.

Aerocámaras, líder en formación de pilotos de dron: máis de 35.000

Aerocámaras pecha un ano máis consolidándose como referente no mercado nacional de drons. A súa escola é líder en formación de pilotos, con máis de 35.000 certificados. A empresa lalinense, que en 2022 cumpriu quince anos de traxectoria profesional, cobre máis do 75% do sector dos drons en España. Unha das grandes novidades de 2022 foi o despregamento de Aerocámaras Portugal, con sede en Coímbra e centros de formación en Lisboa, Porto e Faro, onde xa comezou a impartir formación e ten previsto ampliar o seu catálogo de cursos.

Cerca de tres quilómetros das sendas de O Pereiro, San Cibrao e Paderne abrirán en primavera

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou que na primavera estarán ao servizo dos veciños 2,8 novos quilómetros de sendas seguras no Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas, tras un investimento dun millón de euros.

A da Medorra terá unha lonxitude de 2,1 quilómetros e pasará polos tres concellos. Comeza no cruzamento co regacho de Pazos e percorre o Parque Tecnolóxico de Galicia até a OU-537, onde se solapa coa xa executada na contorna dos parques empresariais.

Páxinas