Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Primux Tech abre a súa tenda online de smartphones, tablets e accesorios made in Galicia

A empresa de electrónica de consumo Primux Tech, que instalou recentemente o seu departamento de novos produtos en Tecnópole, acaba de abrir a súa tenda online en store.primux.es.

Os Espectáculos de Ciencia de Tecnópole empezan a segunda parte da súa xira coa experiencia de "liberar a alma" dun osiño de gominola

Máis de 300 alumnos participaron o pasado día 5 no espectáculo 'Ciencia vs Ficción', co que comezaba en Tecnópole a segunda xira dos Espectáculos de Ciencia organizados por Parque Tecnolóxico de Galicia e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.

Máis de 500 empresas optan ás axudas Feder-Innterconecta 2 en Galicia

A convocatoria do programa Feder-Innterconecta correspondente a este ano tivo grande aceptación no sector empresarial galego, que presentou 119 propostas para proxectos de I+D cun presuposto total que supera os 267 millóns de euros. En total participan 524 empresas, das que o 70% son pemes, e 297 organismos de investigación, segundo datos provisionais analizados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI).

O sector agroalimentario galego desenvolve novidosas técnicas de I+D+i para mellorar a calidade e seguridade dos alimentos

Nos últimos anos, o sector agroalimentario galego centrou os seus esforzos en garantir a calidade e a seguridade alimentaria, dende que un produto se xera ata que chega ao consumidor final. Sobre este tema xirou o DemoLab do sector agroalimentario organizado recentemente polo Centro de Excelencia de Vigo.

A Universidade de Vigo proba con éxito o seu novo satélite

A Universidade de Vigo probou con éxito un novo nanosatélite, o HumSAT-D, que acaba de superar dúas semanas de probas, e que será ensamblado proximamente en Roma e posto en órbita, entre finais de maio e xuño, dende Rusia.

A Xunta quere unha versión galega de Android

A Xunta de Galicia solicitou a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android, baseado no software libre, co fin de que estea dispoñible nesta lingua para todos os cidadáns da comunidade con independencia do terminal que utilicen.



Vigo é a única cidade de España con muíños eólicos integrados na iluminación

Vigo converteuse en cidade pioneira na aplicación de enerxías renovables na iluminación pública. A urbe é a única de España con muíños eólicos integrados na rede de iluminación e só existe unha experiencia similar na ponte do Milenio de Valladolid, pero cunha potencia real moi inferior á de Vigo. A enerxía que subministran os aeroxeradores nas zonas nas que se sitúan vai dende o 11 ao 35% e equivale ao consumo anual de seis fogares.

O emprendedor español investiu un 40% menos para montar o seu negocio en 2012

O capital investido polo emprendedor español para poñer en marcha un negocio derrubouse un 40% en 2012, ata situarse en torno os 18.000 euros de media, se ben a cifra máis frecuente oscilou entre os 5000 euros, un 75% menos que en 2011, segundo o informe Global Entrepreneurship Monitor (GEM).

Un enxeñeiro xubilado de Talgo nomeado ao Premio ao Inventor Europeo 2013

O enxeñeiro ferroviario José Luis López Gómez, xubilado da firma española Talgo, foi nomeado pola Oficina Europea de Patentes (OEP) ao Premio ao Inventor Europeo 2013 por un sistema de suspensión de rodas que mellora as viaxes en trens de alta velocidade. O método permite que o vagón e as rodas se adapten automaticamente ás pendentes e as curvas e aplícase hoxe en todos os talgos.

Crean tecidos sintéticos con usos médicos cunha impresora en 3D

Fabricar tecidos artificiais con propiedades dos tecidos vivos a partir de miles de gotas de auga e con aplicacións médicas. Iso é o que logrou un equipo da Universidade de Oxford (Reino Unido) grazas a unha impresora 3 D programable que logrou un material tridimensional que algún día podería imitar o comportamento das células nos tecidos.

Emprendedores en busca do seu 'anxo'

Unha forte chuvia de ideas baixo o ceo de Madrid. E ao encontro de moitas destas iniciativas están os business angels, aqueles que se encargan, en certa medida, de que a idea prospere con financiamento, know how, promoción e rede de contactos. Que non quede no camiño. Emprendedores das industrias culturais e creativas e os business angels, da man.

Tecnópole dá a benvida na súa incubadora a dúas novas iniciativas emprendedoras

O Centro de Innovación e Empresas (CEI) de Tecnópole conta con dúas novas iniciativas de emprendemento. Hicom&Technology Business e Spamex Comunicación incorpóranse a dous niños da incubadora principal do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa actividade nos sectores da electrónica de consumo e das telecomunicacións, respectivamente.

Páxinas