Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

APTE presta soporte ás empresas dos parques tecnolóxicos para asistir ao Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

A segunda edición de 'Transfiere', Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga o 13 e 14 de febreiro de 2013.

Manuel Varela Rey, novo director da Axencia Galega de Innovación

O novo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Antonio Varela Rey, asumiu o cargo deste ente autonómico co reto de converter o sector da innovación na "panca" da recuperación económica de Galicia.

O sistema enerxético podería aforrar 16.500 millóns se aposta pola I+D

O sistema enerxético español podería lograr un aforro en tecnoloxía de preto de 16.500 millóns de euros ata 2030 se aposta pola I+D, segundo un informe do centro de investigación galego Economics for Energy.

Aimen asesorará as pemes galegas para implantar sistemas de xestión en I+D+i

O centro tecnolóxico Aimen puxo en marcha o proxecto INNOVA+, orientado a implantar sistemas de xestión de I+D+i en cinco pemes galegas. O obxectivo desta iniciativa, que conta co financiamento do Igape, é dinamizar e consolidar a innovación como mecanismo de mellora competitiva a través da aplicación de ferramentas específicas, tomando en conta os criterios da norma UNE 166002.

Unha compañía galega crea o microchip máis pequeno contra as falsificacións

A compañía galega Tagtum creou un sistema contra a falsificación de artigos de tamaño reducido como xoias, reloxos, lentes ou estilográficas, que emprega o microchip máis pequeno do mundo para estas funcións, de apenas 3 milímetros, segundo informou o centro investigador en telecomunicacións Gradiant.

As compañías españolas, entre as que menos cooperan en innovación da Unión Europea

As empresas españolas son das que menos colaboran na Unión Europea con outras compañías ou institucións para realizar actividades de I+D, e tamén das que menos cooperan con outros países nese campo, segundo o sétimo informe comunitario de Eurostat sobre a proporción de firmas innovadoras na UE, con datos do período 2008-2010.

Reforzo da cooperación internacional en investigación e innovación

Presentouse unha estratexia nova de cooperación internacional en investigación e innovación. A Unión Europea alberga unicamente o 7% da poboación mundial se ben copa o 24% do gasto en investigación, o 32% de publicacións de grande impacto e o 32% das solicitudes de patentes.

A era 'post smartphone' toma forza

Moitas empresas presentes no Consumer Electronic Shows (CES) das Vegas demostraron como os teléfonos intelixentes serven xa para outras moitas cousas que non son falar, como medir a presión sanguínea ou controlar a distancia outros dispositivos como a tele. É a chamada era post smartphones.

Logros españois para a ciencia

En 2012, España deixou á comunidade científica mundial novas terapias médicas, importantes avances en cancro, xenética e envellecemento, o bosón de Higgs ou a chegada de Curiosity a Marte.

Os alimentos personalizados, máis preto grazas á 'foodómica'

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) realiza estudos pioneiros en 'foodómica', unha nova disciplina baseada en estudar os alimentos mediante técnicas masivas de análise xenómico como a transcriptómica, a proteómica e a metabolómica.

A Xunta aposta por Tecnópole con 1,5 millóns que permitirán dispoñer de novo espazo para empresas innovadoras

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na súa primeira visita institucional a Ourense a aposta do Goberno galego polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole como referente no eido da innovación e do emprendemento e como un polo de desenvolvemento da economía de Ourense e de toda a comunidade.

Galicia en Coworking organiza un evento de networking o 18 de xaneiro en Tecnópole

Galicia en Coworking organiza o próximo 18 de xaneiro un evento de networking en Tecnópole. Utilizando como base o modelo speed dating -citas rápidas-, o seu principal obxectivo é poñer en contacto os participantes con outros profesionais. A inscrición é gratuíta e xa está aberta.

Páxinas