Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Ampliado o prazo para participar no Concurso Idea Innovadora

A Escola de Negocios da Innovación e os Emprendedores (IEBS) prorrogou ata o 15 de setembro o prazo para participar no Concurso Idea Innovadora 2013, dirixido a persoas con ideas innovadoras e que destaquen nas súas respectivas áreas de coñecemento. Os participantes poderán optar a unha bolsa total para cursar un máster da escola de negocios e recibir asesoramento para o desenvolvemento das súas ideas de empresa.

O gasto mundial en tecnoloxías da información minórase

O anhelo da sociedade global pola tecnoloxía, os dispositivos persoais e os servizos para software, segue aumentando cun gasto total estimado para 2013 de 3,7 billóns de dólares.

Investigadores europeos deseñan robots personalizados para o coidado de anciáns

O proxecto xerouse no seo da UE por un grupo de investigadores de varios países membros e pretende ser un soporte adicional para o coidado de anciáns e persoas dependentes, que chegará aos fogares en dous ou tres anos.

Desenvolven un novo sistema de promoción turística con tecnoloxía inmersiva

A Cidade Politécnica da Innovación da Universitat politécnica de Valencia presentou o 'Global Spain Cube', un espazo que aglutina as últimas tecnoloxías inmersivas para a promoción turística, a baixo custo, e que permite ao usuario interactuar con vídeos dos destinos.

A realidade aumentada revoluciona o comercio electrónico móbil

As peculiaridades da realidade aumentada fixeron que a industria se fixe nela e outros campos, como o do comercio electrónico e a publicidade, comezaron a estudar os seus beneficios. Esta 'máxica tecnoloxía' pode xerar un valor engadido ao crecente sector do mobile commerce. A interacción co ámbito, a busca de información a través da imaxe así como a creación de contidos poderían permitir ao usuario xestionar procesos, realizar compras e mesmo ver o tráiler dunha película dende o cartel da parada do autobús para despois comprar a entrada.

Unha ollada ao futuro da tecnoloxía robótica

Os que se dedican á investigación sobre as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) buscan dende hai anos formas de simular o comportamento humano en sistemas robóticos. Un dos obstáculos principais cos que se topan reside en controlar a interacción entre o movemento e a visión, pois non resulta aínda sinxelo lograr unha percepción espacial precisa e unha coordinación visomotora fluída.

A cúpula da Confederación de Empresarios de Galicia visita Tecnópole para coñecer o seu modelo de apoio ao emprendemento

O novo presidente da Patronal galega, acompañado por varios representantes das delegacións provinciais da entidade, visitaron Tecnópole este martes, especialmente interesados polo seu modelo de apoio ao emprendemento.

O programa formativo que CEAGA impartiu en Tecnópole gaña un prestixioso premio internacional á excelencia

O Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e a súa Universidade Corporativa gañaron un dos cinco premios da prestixiosa organización European Foundation for Management Development (EFMD) polo programa formativo que impartiu un dos seus cursos completos en Tecnópole.

Empresas galegas que innovan na contorna rural comparten a súa experiencia nun “parladoiro” en Santiago

O concepto tradicional de “parladoiro”, entendido como unha reunión de dúas ou máis persoas para conversar, servirá a un grupo de empresas galegas que innovan na contorna rural para divulgar e compartir as súas experiencias. O evento terá lugar a principios de setembro en Santiago de Compostela.

O satélite Humsat-D da Universidade de Vigo ultima o seu lanzamento ao espazo para o próximo mes de novembro

O novo satélite construído pola Universidade de Vigo, Humsat-D, está xa concluído e atópase realizando as últimas probas antes de ser integrado na súa plataforma de lanzamento e, finalmente, ser enviado ao espazo o próximo 13 de novembro desde Rusia.

Sensores de visión intelixente para a detección temperá de incendios

Un equipo con participación do Consello Superior de Investigacións Científicas deseñou un novo sistema capaz de detectar e localizar incendios de forma temperá e cunha tecnoloxía de baixo custo. A rede de vixilancia, denominada Wi-FLIP, está baseada nunha serie de chips ou sensores de visión intelixente capaces de analizar os cambios na intensidade luminosa e de distinguir o fume doutros fenómenos da paisaxe.

A UE destina 13,7 millóns a desenvolver servizos públicos dixitais transfronteirizos para empresas

A Comisión Europea anunciou unha contribución de 13,7 millóns de euros para desenvolver servizos públicos dixitais transfronteirizos a través do programa e-SENS (Electronic Simple European Network Services), co que Bruxelas espera facilitar os negocios das empresas europeas no seu país e noutros da UE.

Páxinas