Os business angels españois invisten en startups dixitais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Informe Business Angels AEBAN 2015, elaborado pola Asociación Española de Business Angels Networks (AEBAN), en colaboración co IESE Business School, analizou este modelo de investimento en España. O estudo conclúe que as start-ups de Internet e dixitais son o negocio dominante, copando o 75% das carteiras.

Ademais, o perfil dos business angels rexuveneceuse, sendo o 44% destes menores de 44 anos. O estudo tamén mostra que soamente o 8% son mulleres, porcentaxe moi inferior ao 14% e 20% do Reino Unido e EEUU, respectivamente. Así mesmo, o informe di que a proporción de novos business angels é moi alta, xa que o 60% declaran empezar nos últimos cinco anos, mentres que só o 17% leva máis de 10 anos investindo en start-ups.

Outra das conclusións do informe confirma que o investimento angel non é moi local xa que a metade ten como ámbito todo o país, independentemente de onde estea situado. Ademais, case un 30% dos investidores españois reportan un ámbito de investimento internacional, non moi acorde co perfil tradicional.

En canto a sectores, media e contidos dixitais, comercio e distribución, e-commerce ou servizos son os máis populares. Ademais, o coinvestimento é dominante: menos do 2% inviste en solitario. No que se refire a capacidade, máis do 60% dispoñen de 100.000 euros anuais.

Figura clave para o ecosistema innovador

O obxectivo do Informe AEBAN, elaborado en colaboración co IESE, pretende apoiar o ecosistema emprendedor español achegando: datos fiables e representativos sobre a actividade dos business angels, redes de business angels e outras plataformas de investimento en rede que foron xurdindo nos últimos anos, como as plataformas de crowdfunding e os family offices. O estudo elaborouse a partir de máis de 200 enquisas individualizadas a business angels pertencentes a redes de business angels de todo o territorio español.

"O informe desvelou que o business angel español responde a un perfil máis novo e internacional que en períodos anteriores, e con clara vocación de coinvestimento. O ecosistema de investimento fortaleceuse coa entrada de crowdfunding, corporates e o papel do financiamento público", constata Amparo de San José, directora da rede de business angels do IESE.

"Os business angels son unha figura clave para a supervivencia do ecosistema emprendedor. Son os que apostan por start-ups e proxectos de innovación nas súas fases iniciais, antes de que entre o capital risco, arriscando o patrimonio do seu peto", constata José Herrera, presidente de AEBAN.

(Fonte: Innovamás)