Buscan enerxías limpas para aumentar a autonomía de voo dos drons

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Percorrer de maneira sustentable longas distancias sobre terra e auga, aterrar en case calquera lugar e realizar labores de inspección ou repartición de paquetería lixeira, pero tamén para a carga de grandes volumes ou transporte de persoas, como son os taxis aéreos non tripulados. Son os drons verdes nos que traballan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).

A alianza investigadora entre ambos os centros proponse que o hidróxeno producido a partir de fontes de enerxía renovables sexa unha alternativa limpa para as operacións con drons, especialmente -apuntan- no escenario de alta densidade de voos que a normativa habilitará nos vindeiros anos.

A iniciativa proponse implantar a reposición con enerxía verde a dúas escalas: con drons de menos de 25 quilos e con drons de carga. Con este proxecto, as actuais aeronaves non tripuladas, con horas de voo moi limitadas e os puntos de aterraxe acoutados, os drons poderán aumentar a súa dispoñibilidade -en máis dun 400%- ao incrementar a súa autonomía de voo e reducir os tempos de reposición en puntos de recarga automatizada, coñecidos como vertiportos.

Con esta recarga evítase ter que realizar a carga de baterías entre dúas operacións. O seu uso permitirá voos sustentables e ademais garantirá máis operacións en distintos escenarios. O hidróxeno verde obtense mediante electrólise, proceso polo que, a partir de auga e electricidade se produce hidróxeno e osíxeno por separado.

Fonte: Faro de Vigo