Bruxelas mobilizará 8500 millóns para proxectos en investigación e desenvolvemento en 2017 na UE

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Comisión Europea anunciou que mobilizará 8500 millóns de euros de investimento para proxectos de investigación e innovación na Unión Europea en 2017, incluídos preto de 1800 millóns a través do Centro de Investigacións Europeo.

Tamén destinará 633,5 millóns para fomentar o ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), outros 840,20 millóns para proxectos no marco do programa Marie-Curie, así como outros 463,41 millóns para promover a innovación nas pequenas e medianas empresas, segundo precisou nun comunicado.

Outros 397,50 millóns destinaranse para facilitar o acceso a capital de risco, outros 416.44 millóns dedicaranse a promover a seguridade alimentaria, a agricultura durable, a xestión da auga e a bioeconomía e outros 331,76 millóns a proxectos no ámbito da saúde, a demografía e o benestar.

Tamén destinará outros 526,89 millóns para promover a eficiencia enerxética e as enerxías limpas, outros 98,50 millóns para proxectos relacionados co espazo, outros 291 millóns para infraestruturas, outros 313,75 millóns para investigar en nanotecnoloxías, os materiais avanzados e a biotecnoloxía e outros 162,8 millóns para fomentar as tecnoloxías emerxentes e futuras.

Mentres, outros 409,70 millóns dedicaranse a impulsar o transporte intelixente, limpo e integrado, outros 223,60 millóns investiranse en contribuír a atallar o cambio climático e o uso eficiente dos recursos e outros 206,15 millóns dedicaranse a promover a seguridade dos cidadáns.

O novo programa incorpora a esixencia de facilitar o acceso aos traballos de investigación que reciben axudas europeas e tamén inclúe outras novidades como unha partida de once millóns de euros para comprender a inmigración e desenvolver políticas eficaces de integración.

O comisario de Investigación, Carlos Moedas, subliñou a importancia de que a partir de agora os proxectos de investigacións apoiados pola UE se difundirán en aberto porque "estimulará a innovación garantindo o acceso á información de investigación de forma doada e alcanzable para a comunidade científica, as empresas innovadoras e o público xeral".

Tamén subliñou a importancia das accións dedicadas á inmigración que se promoverán a través do programa de axudas á innovación e a investigación Horizonte 2020 -dotado en total con 77.000 millóns ata 2020-- porque demostra que o programa se adapta "rapidamente aos desafíos novos e emerxentes".

(Fonte: Innovamás)