Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Transición Ecológica sitúa a Galicia á cabeza do potencial da eólica mariña

Iberdrola estuda estrear a offshore a escala industrial en Galicia, cun megaparque de 300 MW e 1.000 millóns de euros. Non é a única compañía interesada na eólica mariña coa comunidade en mente como primeira opción, á espera da aprobación dos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) que identificarán que lugares son ou non son aptos para colocar parques. O grupo que os elabora confirma a rendibilidade en case toda a costa galega.

PwC: a tecnoloxía 5G terá un impacto de 1,1 billóns no PIB mundial en 2030

O despregamento da nova telefonía móbil 5G suporá unha mellora da eficiencia e da produtividade que impulsará o PIB mundial en 1,3 billóns de dólares (uns 1,08 billóns de euros) en 2030, e o sector da saúde será o que máis se beneficie desta tecnoloxía, segundo o informe The global economic impact of 5G, elaborado por PwC.

España, peso pesado no mercado de drones

Os vehículos aéreos non tripulados, comunmente chamados drones, comezan a formar parte do día a día en labores de agricultura, mantemento de infraestruturas, actuacións de seguridade ou mesmo entretemento, e aínda que a súa presenza nas cidades aínda é limitada, o panorama podería cambiar en poucos anos.

Descarbonizar, obxectivo común e prioritario da automoción

Neutral In Motion: Por una Automoción Sostenible y de Futuro é o nome da nova plataforma integrada polas máis importantes asociacións que agrupan a todos os integrantes do sector, desde fabricantes de coches, motos e compoñentes a alquiladores, pasando por vendedores ou impulsores da electromovilidade: Anfac, Faconauto, Anesdor, Sernauto, Ganvam, Feneval, Aedive, Ascabus e AER. Un foro para conducir a descarbonización perseguida para 2050 polas canles que marca o Goberno, pero en consenso e co sector como aliado.

Galiciencia online 2021 celebrarase a finais de maio baixo a temática “A innovación Pos-COVID a través da revolución do talento”

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

A empresa de Tecnópole TxStockData mellora Senseitrade, a súa plataforma para investir en bolsa

TxStockData é unha startup galega do sector financeiro que utiliza as novas tecnoloxías para innovar. A súa plataforma tecnolóxica Senseitrade, especializada en detectar tendencias en bolsa a partir de información obtida de redes sociais e internet, xa leva tres anos con éxito no mercado e continúan mellorándoa. Ata agora a plataforma obtiña información de Twitter pero a compañía integrou Reddit para detectar tendencias no foro que poden impactar na cotización en bolsa.

Os drones, unha alternativa con moitas vantaxes para o campo

Ao principio, nos xestos dos agricultores mandaba o escepticismo. «Están moi afeitos ao de sempre, introducir algo novo custa... Pero ao ver traballar a máquina todos cambiaron de idea», asegura o galego Luís Mourín, director responsable de operacións con drones de World Aviation, unha empresa con sede en Madrid especializada en aviación. Ao mugardés Domingo Souto, responsable do patacal onde se realizou a demostración do uso destes aparellos, o resultado pareceulle «moi ben».

Galicia potenciará a I+D+i para facer fronte á crise

O Goberno autonómico constituíu unha comisión interdepartamental para xestionar as políticas de I+D+i, que terá como obxectivo prioritario “potenciar a planificación e coordinación dos obxectivos, actuacións, instrumentos e fondos” da comunidade nestas materias. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou, durante o acto da posta en marcha do grupo, o compromiso do seu Executivo cunha “economía baseada no coñecemento” e declarouse consciente de que é “probablemente a única saída que ten Europa para manter a súa posición no mundo e seguir a ser unha rexión competitiva”.

Grande impulso do sector TIC galego coa creación de 114 compañías e un volumen de negocio de 2.800 millóns

O sector tecnolóxico galego rexistrou 2.897 empresas no ano 2019 (114 máis que en 2018), cun volume de negocio de 2.872 millóns de euros, un 2,5 % máis que o ano anterior. Cun Valor Engadido Bruto (VEB) superior aos 1.500 millóns de euros, o sector TIC supón o 2,44 % do PIB total da comunidade. Son datos recollidos no estudo “A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia.

A biotecnoloxía galega recicla materiais para a industria 4.0 con Tactics

A biotecnoloxía galega non só é unha aliado fundamental contra enfermidades como o cancro ou o virus da COVID. Novas Técnicas de Control para a Transición Industrial cara a unha Economía Circular Segura (Tactics) é o proxecto que busca demostrar a viabilidade e idoneidade de novas técnicas de análise química para incorporar materiais reciclados ou valorizados á cadea de valor da industria 4.0 circular.

Pfizer e Moderna usan un software ‘made in Galicia’

Mestrelab, unha pequena empresa fundada en Santiago en 2004, sitúase hoxe como o segundo maior provedor do mundo en software especializado para investigación química, con clientes como Pfizer ou Moderna. “É como o Microsoft Office do laboratorio analítico”, afirma o seu CEO, Santiago Domínguez.

O auxe do motor salva á industria do peor ano da historia en Galicia

O da industria é un deses negocios cunha clara vontade de recuperación en V se o control da pandemia o permitise. Os vertixinosos números vermellos da primeira onda do coronavirus, cando o colapso dos centros sanitarios obrigou a pechar todo o que non fose esencial, foron aletargándose, até o punto de que en decembro, das 20 ramas principais do sector, 11 aumentaron actividade en comparación con 2019. Aínda así, a produción industrial pechou ese mes cunha caída do 0,8% e unha baixada no acumulado do exercicio do 8,6%, cinco décimas por baixo da redución no conxunto do Estado (9,1%).

Páxinas