Boardfy, a mellor startup galega, ultima o seu desembarco en EE.UU.

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A viguesa Boardfy pon unha pedra máis no seu proceso de expansión. A plataforma de monitorización de prezos online, que cumpre en 2018 o seu terceiro ano en activo, alzouse co premio a mellor startup galega, co que o Cluster TIC Galicia recoñece a innovación da empresa e o forte crecemento do seu volume de negocio, que creceu a un ritmo superior ao 20% o ano pasado.

"Premios como este son un recoñecemento ao traballo de todo o equipo e dan moita moral para seguir traballando como leóns", comenta o cofundador e CEO da empresa, Fernando Gómez. Agora, tras gañar suficiente masa crítica de clientes e co músculo financeiro pola rolda de financiamento de 233.000 euros captado o pasado verán, ultima os detalles para o seu desembarco ao outro lado do Atlántico.

"Iniciaremos as nosas actividades en Estados Unidos e México no segundo trimestre deste ano", adianta Gómez. A empresa viguesa dará así o salto ao mercado americano, máis maduro que o español no apartado de vendas online, e onde os vaivéns de compras durante os períodos vacacionais son menos acusados. Para a súa aventura fóra do Vello Continente, Boardfy contará co empuxón do crédito concedido pola Empresa Nacional de Innovación (Enisa), que incluíu a firma viguesa no seu selecto grupo de beneficiarios.

Nos laboratorios de Boardfy procésanse máis de 10 millóns de prezos do comercio electrónico cada día, a partir dos cales ofrece servizos para dous tipos de clientes. Por un lado atópanse os ecommerce, que recorren ás solucións da firma viguesa para rastrexar os prezos aos que ofrece a competencia eses mesmos produtos.

Ademais, a diferenza dos seus competidores, Boardfy inclúe tamén unha ferramenta mediante a cal pode axustar os seus prezos de xeito automático en función de determinados parámetros como a marxe mínima de ganancias por venda. O seu desenvolvemento case en exclusiva deste concepto levou a que, incluso, a firma sexa contratada para traballar para algúns dos seus propios competidores a nivel europeo.

O seu outro nicho atópase nas marcas que desexan coñecer a que prezos están a vender os seus produtos estes establecementos e que xa supoñen algo máis do 20% do seu volume de negocio. Boardfy aspira a crecer neste segmento no que ve máis potencial de crecemento.

Dende que en xullo recibise o pulmón financeiro coa rolda do Banco Sabadell, a empresa "non aumentou tanto o número de marcas clientes como o seu tamaño. Están a conseguir clientes de cada vez máis nivel, que son moi esixentes e iso fai que necesitemos máis xente", recoñece Gómez. O cofundador de Boardfy subliña que a compañía valora incorporar a "dúas persoas" para a súa sede central, que se trasladou de Porto do Molle ao centro de Vigo, onde conta con oito traballadores, e outra para Barcelona, onde conta con dúas persoas traballando na área comercial.

(Fonte: Faro de Vigo)