Blockchain e xenebra, un cóctel innovador para a primeira botella española "tokenizada"

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Blockchain, startups e xenebra son os tres ingredientes que compoñen o particular 'cóctel' que acaba de crearse con motivo do primeiro aniversario de GinChain. Este think tank sobre blockchain xurdido do ecosistema xerado arredor do consorcio Alastria foi o artífice da primeira botella 'tokenizada' de España.

Unhas 100 persoas participaron no evento celebrado na Terraza de Cibeles de Madrid, onde xurdiu o primeiro GinChain. Ademais de degustar as xenebras craft de Santamanía e os pistachos eco-gourmet, así como outros produtos do mediterráneo de Gulius, os asistentes votaron utilizando tecnoloxía blockchain polo seu destilado favorito, facendo posible a 'tokenización' da primeira xenebra transparente aos consumidores.

Para iso, realizouse unha cata de tres xenebras especiais para que a comunidade GinChain votase e aprobase por consenso que fórmula sería a elixida para ser 'tokenizada'. A xenebra máis votada foi Santamanía GinChain Roble, unha xenebra de edición limitada destilada con ingredientes naturais de máis alta calidade como o pistacho orgánico e autóctono, repousada en barricas de carballo e libre de calquera tipo de aditivo. A calidade do produto e a produción deste será certificada baixo blockchain e o prezo da botella virá marcado polo mercado a través do token que se deseñará para o efecto.

O laboratorio de innovación tecnolóxica GoBlock de GoMadrid, a través de Toqio, fixo posible a votación en blockchain e está traballando na posterior venda de 'tokens'. Nodalblock pola súa parte certificará na rede o proceso de elaboración, xunto á actuación notarial que avalará a dita produción. A xenebra elixida elaborarase mediante un proceso transparente de modo que o consumidor final poderá ter toda a información sobre a produción e certificación na propia botella a través dun código QR abrindo numerosas posibilidades ao mercado de cara a conseguir un produto de calidade e con procesos 100% transparentes.

A proba de concepto demostrou que a tecnoloxía blockchain permite grandes eficiencias nos procesos de votación en tempo real, así como nos procesos de certificación de orixe cando se trata de alimentos ou ingredientes da máxima calidade. Ademais, os procesos de xeración de tokens permitirán coñecer con antelación a produción, o número de clientes interesados para poder planificar a produción.

(Fonte: Innovaspain)