Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Os Espectáculos de ciencia botan o pano despois de conquistar 8000 estudantes de toda Galicia

O director da Axencia Galega de Innovación, Ricardo Capilla, destacou o pasado venres o éxito dos 'Espectáculos de ciencia' organizados por Tecnópole e que esa mañá celebraron a súa última sesión despois de percorrer toda Galicia durante os catro últimos meses. En total, foron 60 representacións que permitiron a esta iniciativa de divulgación científica achegar coñecementos e espertar o espírito innovador en 8000 estudantes en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra.

Tecnópole acolle unha xornada gratuíta sobre novidades fiscais

O próximo martes 12 de xuño terá lugar en Tecnópole unha xornada gratuíta sobre divulgación tributaria impartida por Javier Gómez Taboada, avogado tributarista e director en Galicia de Ernst & Young Abogados. Nela abordaranse principalmente as numerosas e moi relevantes novidades fiscais que se produciron ao longo dos últimos meses.

Actualidade Económica distingue a Contact Comunicación no seu certame das 100 ideas máis innovadoras do ano

A revista Actualidade Económica entregou recentemente en Madrid os seus premios ás 100 ideas máis innovadoras do ano. Entre as empresas galardoadas atópase a galega Contact Comunicación, situada en Tecnópole.

O gasto español en I+D caeu o 4,1% en 2011

O gasto en Investigación e Desenvolvemento (I+D) reduciuse en España o 4,1 por cento en 2011 respecto ao ano anterior, segundo o avance provisional da estatística sobre actividades en I+D facilitado polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Aberta a convocatoria de axudas do Programa ICEX-NEXT

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convocou a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional.

O gurú Guy Kawasaki expón a súa nova fórmula para innovar

O experto en mercadotecnia e novas tecnoloxías Guy Kawasaki presentou en Panamá o seu "formula" de dez pasos para definir "a arte de innovar", tras recoñecer que por rexeitar anos atrás unha oferta para ser xerente de Yahoo deixou de gañar 2000 millóns de dólares.

Futuro plan de innovación e investigación para o sector agroalimentario

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, anunciou que o seu departamento está a elaborar un Programa de Innovación e Investigación do sector agroalimentario, "de moi amplo alcance", co que España poderá acollerse a fondos financeiros destinados á innovación agraria no marco da Asociación Europea para a Innovación.

Empresas españolas desenvolven o proxecto de cidade intelixente Ciudad 2020

Un consorcio de nove empresas españolas lideradas pola multinacional tecnolóxica Indra levará a cabo o proxecto ''Ciudad 2020'' que, cun presuposto de 16,3 millóns de euros, busca desenvolver un novo modelo de cidade intelixente e sustentable.

Unha rede de contactos nanotecnolóxica

Europa é, dende hai tempo, fonte de moitas innovacións tecnolóxicas, pero aínda é necesario superar numerosos obstáculos que impiden que os resultados científicos pasen á industria e de aí ao mercado. O sector nanotecnolóxico non é alleo a esta situación, sobre todo no referente ao desenvolvemento de aplicacións novas baseadas en litografía de nanoimpresión (NIL), unha técnica que avanza a gran velocidade.

A UE publica as propiedades comprobadas de 67 nutrientes

Comprar comida non é ir á farmacia. Aínda que a nutrición inflúe na nosa saúde, os beneficios dos nutrientes non son tantos como a publicidade nos quere facer crer. E a primeira lista de propiedades demostradas (e, polo tanto, aptas para ser incluídas nos anuncios) recoñecida pola Comisión Europea acredítao.

As empresas de Tecnópole aumentaron a súa facturación en 44,1 millóns de euros e xeraron 139 empregos en 2011

As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole conseguiron incrementar o seu volume de negocio en 44,1 millóns de euros durante o ano 2011 sobre o exercicio anterior. A facturación total pasou dos 170,8 millóns contabilizados ao peche de 2010 aos 214,9 millóns rexistrados en 2011, o que supón un aumento do 25,7%.

Tecnópole organiza unha conferencia de coaching para o emprendemento e a innovación con motivo da presentación da súa nova sala de coworking

Parque Tecnolóxico de Galicia organiza o próximo venres 25 de maio unha conferencia de coaching para o emprendemento e a innovación tras a que presentará a súa nova sala de coworking, un espazo de traballo orientado a profesionais autónomos con todos os servizos adaptados ás necesidades específicas deste colectivo.

Páxinas