Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

InnoBAN e Tecnópole organizan un taller para axudar a emprendedores galegos a presentar o seu proxecto ante investidores

¿Como impresionar a un investidor?, ¿que erros se deben evitar?, ¿como se pode comunicar de xeito eficaz toda a información sobre un proxecto empresarial? Estas son algunhas das cuestións que calquera emprendedor debe coñecer para presentarse ante potenciais investidores e que serán obxecto dun taller práctico organizado pola rede de business angels InnoBAN en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole.

Allenta acudirá a “Os mércores de Tecnópole” para explicar os seus servizos en aceleración de contidos web e DataCenter

A empresa de tecnoloxías da información Allenta acudirá o próximo 6 de novembro ao ciclo “Os mércores de Tecnópole”. O CEO da empresa, Roberto Moreda, exporá dúas das súas liñas de traballo máis exitosas: o servizo de aceleración de contidos web e a monitorización en tempo real de DataCenter.

Egatel abre oportunidades de negocio a provedores galegos para atender a súa carteira de clientes en 25 países

A empresa Egatel, situada en Tecnópole, abre oportunidades de negocio a provedores galegos para atender a súa carteira de clientes en 25 países. Nunha xornada celebrada no marco do ciclo "Os mércores de Tecnópole", na que participaron unha trintena de representantes de empresas galegas, o director xeral de Egatel, Javier Taibo, expuxo as necesidades de soporte externo que teñen tanto para a fabricación dos seus produtos como para desenvolver as liñas de diversificación que están a abordar para abrir novas liñas de negocio a través da innovación.

Sae ao mercado o primeiro proxecto da preincubadora de Tecnópole e a Universidade de Vigo

O pasado mes de xuño presentáronse os tres primeiros proxectos que gañaron un niño na estrea da preincubadora promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo. En setembro os seus promotores comezaron a instalarse nos seus espazos no Parque Tecnolóxico de Galicia e agora é o momento de empezar a dar os seus primeiros froitos. Os máis madrugadores en lanzarse ao mercado son os emprendedores Sandra González e Diego Mazaira, que acaban de poñer en marcha parte do seu proxecto baixo o nome de Monemú, unha web que ofrece "lugares de conto" para vivir experiencias únicas de fin de semana a prezos alcanzables.

Tecnópole reunirá de novo no seu tradicional magosto traballadores, familiares e amigos

Todos os traballadores das empresas, entidades e a sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están convocados o próximo 7 de novembro ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI para celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

Economía e Industria convoca as axudas a empresas para a protección das súas invencións

A Consellería de Economía e Industria acaba de convocar as axudas para o fomento da propiedade industrial correspondentes a 2013 a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). As subvencións destinaranse a atender os gastos empresariais derivados da tramitación de solicitudes de títulos para a protección de invencións (innovacións técnicas), tales como patentes e modelos de utilidade, e da súa renovación ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais.

Cesga e Itmati alíanse para executar proxectos de transferencia á industria

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain) e presidente do Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), Manuel Varela, e o presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), Francisco González, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades para impulsar os seus proxectos de transferencia de coñecemento e tecnoloxía á industria e á administración.

Aberta unha nova convocatoria de axudas de proxectos de I+D Iberoekas

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de Arxentina abriron unha nova convocatoria de axudas de proxectos innovadores no marco da iniciativa Iberoeka, cuxo prazo  finaliza o próximo 6 de decembro.

Aimen traballa no desenvolvemento dun robot autónomo que permitirá aumentar a produtividade da industria naval

O centro tecnolóxico Aimen coordina o proxecto CARLoS, unha iniciativa europea de I+D+i orientada a desenvolver un robot móbil capacitado para realizar tarefas arduas e repetitivas, en cooperación con operarios humanos, nun ámbito industrial amplo e pouco estruturado. A viabilidade deste dispositivo, que poderá ser de grande utilidade para facilitar procesos no sector da construción naval, concretamente para a realización de traballos previos á habilitación de buques (colocación de illantes, instalación eléctrica, etc.), demostrarase en estaleiros galegos.

Os paneis solares pódense usar para ter calefacción e aire acondicionado

O uso de placas solares para producir auga quente sanitaria é o habitual, pero investigadores das universidades Carlos III e Politécnica de Madrid formulan que tamén poden proporcionar calor en inverno e frío en verán nas grandes oficinas. A súa proposta é incorporar captadores solares a un sistema de coxeración por gas e máquina de absorción, o que reduciría custos e emisións de CO2.

Bioalma, un Google específico para o sector da biotecnoloxía con selo español

Un gran número de investigadores que dedicaron parte das súas carreiras ao sector da biotecnoloxía en Genetrix ou PharmaMar fundaron as súas propias empresas. Un exemplo é Juan Carlos del Castillo, anteriormente membro de Genetrix e que na actualidade dirixe un grupo de empresas coñecido como Grupo Bionostra. As filiais do grupo dedícanse a unha variedade de aspectos da biotecnoloxía. Por exemplo, Chimera Pharma céntrase no desenvolvemento dunhas partículas similares aos virus que poden empregarse para desenvolver vacinas, ademais de servir como base para a terapéutica.

Revolucionarias e innovadoras células solares transparentes

Imaxine edificios nos que as ventás, ademais de permitir pasar a luz do sol, captan á vez a enerxía solar que se necesita para satisfacer todas as súas necesidades enerxéticas. Os cristais convértense en células solares de alta produtividade que axudan a reducir a dependencia dos combustibles fósiles e avanzar cara a un medio máis 'verde' e máis limpo.

Páxinas