Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

A empresa Agroamb queda finalista na categoriÏa de PEMEs dos Premios EMAS

A empresa lucense Agroamb, con sede en Tecnópole, logrou quedar finalista na categoría de pequenas empresas privadas dos Premios EMAS de Desenvolvemento Sostible, que concede a Comisión Europea para recoñecer as mellores iniciativas públicas e privadas neste ámbito.

O 87% das grandes empresas asumen obxectivos de desenvolvemento sostible

O 87% das grandes empresas en España "xa incorporou medidas" para alcanzar algún dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), un compromiso asumido polo "54% das Pemes", afirmou este martes o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Madrid, Angel Asensio.

Abanca inaugura a primeira oficina dotada de tecnoloxía 5G

Abanca puxo en marcha, en colaboración con Vodafone, un proxecto piloto de implantación de tecnoloxía 5G na súa rede de oficinas, co que se converte no primeiro banco español en facer uso desta tecnoloxía sen fíos na súa rede comercial, segundo destacou onte a entidade.

É un dos pilotos do Nodo de Cooperación con Operadores do Plan Galicia 5G da Xunta, dirixido a posicionar a comunidade autónoma como territorio preferente na extensión destas redes e desenvólvese na oficina de atención ao público que Abanca ten no polígono coruñés de Pocomaco.

O futuro da IA: así afectará un algoritmo á túa educación, saúde ou privacidade

A intelixencia artificial (IA) está cada vez máis presente en moitos aspectos da nosa vida, aínda que normalmente a asociamos a dous extremos: o ocio (o altofalante que nos pide comida ou a plataforma de series que nos suxire unha nova en función das nosas preferencias) ou os perigos da privacidade (a aplicación que avalía os nosos gustos e nos mostra publicidade acorde).

Os datos do futuro almacenaranse en cristal

Na última década, confiar as nosas fotos e arquivos á nube pasou a formar unha parte tan corrente da nosa vida cotiá que apenas pensamos niso. Servizos como Dropbox, iCloud e Google Photos recompilan sixilosamente datos persoais dende os nosos móbiles. Pero manter estes centros de datos que almacenan toda esta información non é tan doado como parece.

Un microchip que se coloca na boca para que os diabéticos midan a súa glicosa

Un diminuto microchip implantado nun dente ou nunha férula dental permitirá ás persoas con diabete medir a súa glicosa e facilitaralles un mellor control da súa enfermidade sen ter que picarse varias veces ao día para determinar cal é o seu nivel de azucre no sangue.

Esta tecnoloxía, que está sendo desenvolvida polo médico e odontólogo valenciano Salvador Albalat, conectarase a través duns sensores e mediante tecnoloxía de radiofrecuencia ao móbil, onde unha aplicación gardará os datos tanto da glicosa como da temperatura.

Unha batería de magnesio, vanadio e cromo para competir coas de litio

A ninguén se lle escapa que as baterías de litio revolucionaron a tecnoloxía nas últimas décadas. Actualmente son utilizadas a escala mundial para alimentar dispositivos electrónicos, pero a pesar diso enfróntanse a desafíos en materia de seguridade, densidade enerxética e dispoñibilidade, xa que a maior parte dese material se concentra nuns poucos puntos xeográficos a nivel mundial.

¿Conseguiremos descarbonizar a industria para 2050?

A primeira proposta da axenda política da próxima presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, é o European Green Deal. Trátase dunha aposta pola descarbonización da economía europea que sexa capaz de xerar oportunidades para o emprego e o desenvolvemento económico.

Por unha parte, este Green Deal pretende alcanzar a neutralidade climática en 2050. Por outra, require, e así o expresou von der Leyen, ir acompañado dun novo mecanismo de protección fronte á fuga de emisións e dunha nova estratexia industrial.

200 empresas e centros de coñecemento coñecerán o último en biotecnoloxía, biomasa e agroalimentación no Agrobiotech Fest

Ao redor de 200 representantes de empresas e centros de coñecemento dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa daranse cita o próximo venres 22 de novembro no Agrobiotech Innovation Fest, un evento bienal que chega á súa terceira edición cun formato totalmente renovado e que terá lugar de novo no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

A UE mira á galega Agroamb como guía de xestión ambiental

O Cumio das Nacións Unidas para o Desenvolvemento do Clima celebrado hai catro anos en Nova York deixou unha longa lista de deberes recollidos na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable. Esa relación de tarefas engloba 17 obxectivos que, entre outras cousas, buscan acabar coa pobreza e a fame, reducir a desigualdade e abordar retos como o cambio climático.

Premio para os nanosatélites e os biodeterxentes da Universidade de Vigo

A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, acaba de outorgar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019 a dous grupos de investigación das universidade de Vigo e Santiago e tamén a unha spin-off do campus olívico.

Estes premios están promovidos para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente de organismos de investigación ao tecido produtivo. Os galardóns entregaranse nunha cerimonia que terá lugar o 11 de decembro. Están dotados con 6000 euros.

A startup española de intelixencia artificial Recognai, premio ao mellor uso de datos compartidos

O premio para startups do Data Pitch de Open Data Institute (ODI) recaeu na española Recognai. Trátase dunha spin-off da Universidade Politécnica de Madrid, onde investigaba o seu cofundador Daniel Vila, nacida en 2017. "Facemos solucións de ciencia de datos e intelixencia artificial aplicada a texto. Aplicamos semántica computacional e aprendizaxe automática a datos non estruturados para automatizar procesos de xestión de información tediosos e custosos", afirma Vila.

Páxinas