Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As matemáticas xeran o 10% do PIB en España

En España as matemáticas son directamente responsables de máis dun millón de empregos -o 6% do total-. Ademais, destaca que as profesións 'intensivas' nesta materia, como especialistas en bases de datos, finanzas ou deseñadores de software, serán as que máis crecerán nos próximos anos

La nueva temporada de desayunos tecnológicos comienza con recomendaciones para una vida personal y profesional saludable

Tecnópole reanuda su calendario de desayunos tecnológicos con nuevas citas mensuales a partir del próximo 4 de abril. La primera cita de la temporada 2019 para tomar café con ideas nuevas en Tecnópole tendrá como tema central la actividad física como motor de una vida personal y profesional saludable.

El desayuno, que tendrá lugar este jueves a partir de las 9.30 en el Edificio CEI, está abierto a inscripción gratuita.

Aeromedia impulsa un 80% a súa facturación con servizos de drons

A empresa Aeromedia, cunha das súas sedes en Tecnópole, consolida a súa actividade pechando o mellor exercicio nos seus sete anos de traxectoria. Especializada na integración de sistemas embarcados e prestación de servizos con drons, incrementou os seus ingresos un 83% o pasado ano, ata os 950.000 euros, sobre todo pola área de inspeccións para a industria.

Así será a nova normativa europea sobre drons

O sector das aeronaves pilotadas de forma remota (drons) prepárase ante a chegada inminente da nova normativa europea, que entrará en vigor en maio, e que regulará un sector de gran crecemento en España, normativa que incluirá como principais novidades un rexistro de operadores e sistemas de xeolocalización nun perímetro virtual como medida de seguridade ás áreas restrinxidas ao seu uso.

Business Factory Food abre a súa primeira convocatoria para novas empresas

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) presentou a Business Factory Food, a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia. Promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), XesGalicia e a Axencia Galega de Innovación (Gain), BFFood nace para impulsar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, afianzar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

As empresas galegas con axudas públicas para innovación duplican as do ano pasado

As empresas que contarán con axudas públicas á innovación este ano serán case 1900, máis do dobre que o ano pasado. Seis de cada dez firmas recibirán unha subvención da Xunta para "a absorción de coñecemento por parte das pemes" e o resto para "captar capital privado para procesos de innovación galegos".

O 50% do investimento global en I+D concéntrase en só 87 empresas

A metade do investimento en investigación e desenvolvemento a nivel mundial concéntrase en tan só 87 compañías, con 1726 millóns de euros, segundo un informe elaborado pola consultora Oliver Wyman.

En total, durante 2016 investíronse 740.000 millóns de euros en I+D, o que supón un incremento do 5,8% con respecto ao ano anterior. Por áreas xeográficas, América acumulou 297.000 millóns de euros de investimento (+7,2%), mentres que en Europa se situou en 222.000 millóns de euros (+7%) e en Asia avanzou un 4,1%, ata os 219.000 millóns de euros.

España presentou un 6,3% máis de solicitudes europeas de patentes en 2018

España tramitou en 2018 un 6,3% máis de solicitudes de patentes que no ano anterior, por enriba do avance medio do 4,6% da media da Unión Europea (UE) constado pola Oficina Europea de Patentes (OEP), pero lonxe en termos absolutos de Estados Unidos, China, Alemaña, Xapón e Francia.

Segundo o informe anual que a OEP publicou, en 2018 presentáronse 1776 solicitudes con selo de empresas ou centros de investigación españois dun total de 174.317 fronte ás 1671 do exercicio precedente, o que representa o cuarto ano consecutivo cun rexistro á alza.

As tecnolóxicas, á caza de investigadores en intelixencia artificial

Cando Joelle Pineau chegou á Universidade McGill como profesora en 2004 asumiu que sería académica de por vida. Experta en Intelixencia Artificial (IA), dirixiu un laboratorio de 12 profesores e 200 estudantes, sentou no comité de contratación de Intelixencia Artificial da universidade e especializouse nunha área de investigación coñecida como aprendizaxe de reforzo que non parecía ter ningún futuro comercial.

¿Idea blindada vale por dous? O valor da propiedade intelectual

As ideas, en si, non se poden protexer. Calquera idea é abstracta e só ten valor dende que se traduce en mecánicas, aplicacións, obxectos, cores ou mesmo olores. Eses elementos si son susceptibles de protección xurídica, mecanismos legais que permiten ao creador evitar a súa copia, reclamar a súa autoría e recibir os beneficios económicos que poida xerar.

O proxecto "Baby safety" de Aulas Tecnópole segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais

O proxecto "Baby safety", desenvolvido nas Aulas Tecnópole por Iria Ollero, segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais. Tras ser recoñecido na Exporecerca catalá como o favorito entre os participantes, a pasada fin de semana fíxose co primeiro premio nos Premios Don Bosco, en Zaragoza.

Ademais, Iria gañara tamén con este proxecto en 2018 o primeiro premio na feira Open Science de Cambre (A Coruña) na categoría de Bacharelato, o que lle permitiu levar o seu innovador dispositivo á ZienziaAtzoca, celebrada en Euskadi.

Coasa cualificou 36 persoas no seu centro de aeronáutica

O centro de formación da empresa ourensá Coasa especializado en aeronáutica formou 36 persoas dende o mes de novembro. Doce alumnos están a participar na terceira unidade formativa para desempregados e 24 persoas xa recibiron unha cualificación. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou en Tecnópole as instalacións deste centro de formación que Coasa abriu en outubro e onde se desenvolve esta iniciativa autonómica de formación nas empresas.

Páxinas