Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

12 ideas para revitalizar os pobos: un Erasmus de alcaldes e un Uber rural

Fanse chamar o G-100. Son 50 homes e 50 mulleres de todo o país e queren darlle un xiro ao mundo rural. Reivindican a forza dos pobos. Aínda que estean envellecidos, masculinizados ou perdan habitantes. Están convencidos de que a solución debe vir dende abaixo, dende o terreo. Así que eles, entusiasmados coa vida rural, queren entusiasmar. Por iso levan dous meses e medio traballando de forma voluntaria para atopar solucións. ¿Que non hai oferta de vivenda? Pois haberá que trazar un mapa do territorio e desenvolver un portal que mostre as opcións reais. ¿Que non hai transporte?

O volante que alerta os condutores fatigados

A fatiga é un dos grandes perigos ao volante. Segundo datos da DGT, entre un 20 e un 30% dos accidentes de tráfico está relacionado cos problemas derivados do cansazo. Trátase dunha cifra elevada, tendo en conta que a maioría dos condutores experimentou un episodio de fatiga. Co obxectivo de diminuír as estatísticas, un equipo de investigación da Universidade de Aveiro (Portugal) desenvolveu unha funda de volante que "conecta" coa pel do condutor, supervisando os signos vitais do condutor e avisando, en caso de fatiga, que é hora de parar e descansar.

Investigadores isreaelitas "fabrican" con tecido humano nunha impresora 3D un corazón que palpita

Investigadores da Universidade de Tel Aviv produciron un corazón vivo que palpita utilizando tecido humano e unha impresora 3D, nun avance que abre vías cara aos transplantes do futuro, informou o centro de estudos.

Tecnópole e Egatel inician a fase de validación dunha innovadora plataforma de sistemas de telecontrol e xestión das zonas de rego agrícola

Tras tres anos de intenso traballo, o proxecto IoT@AS (Internet of Things & AgroSpaces), liderado por Egatel e xestionado co apoio de Tecnópole, inicia a fase de validación dunha innovadora plataforma aberta e intelixente para sistemas de telecontrol e xestión das zonas de rego agrícola, que resolve as problemáticas de interoperabilidade, eficiencia e conectividade dos sistemas existentes.

A financeira Infinitus Rent, novo membro da Asociación Española de Leasing e Renting

A empresa Infinitus Rent, situada en Tecnópole, acaba de ingresar como membro da Asociación Española de Leasing e Renting (AELR), que agrupa as empresas do sector máis relevantes do país. Para a tecnolóxica galega, isto supón un fito importante que consolida o seu modelo de negocio apostando por nichos relacionados coas novas tecnoloxías e a industria 4.0.

Novo servizo de fotografía de marca persoal dende Tecnópole

O estudio da fotógrafa Lena Repetskaya, con sede en Tecnópole, acaba de lanzar un novo servizo de fotografía para axudar a todo tipo de profesionais a mellorar a súa marca persoal a través da imaxe.

O deporte facilita o manexo do estrés e un ambiente laboral positivo

A práctica de exercicio físico leva consigo beneficios para a vida persoal e profesional, como un mellor manexo do estrés e o reforzo de habilidades sociais necesarias para contribuír a un ambiente laboral positivo. Estas foron algunhas das ideas compartidas por Iago Saco, graduado en ciencias da actividade física e o deporte e técnico deportivo no Tecnópole Sport Center, durante o primeiro almorzo tecnolóxico da tempada.

Convocada unha nova edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía de Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2019. Co obxectivo de facer o proceso de presentación de proxectos máis doada, simplificáronse as bases e reduciuse o tamaño máximo das memorias. Como nos anos anteriores, a tramitación das candidaturas faise telematicamente.

Telefónica e IBM lanzan "cloud garden" para a dixitalización de empresas

Blockchain, intelixencia artificial, cloud híbrida... As tecnoloxías necesarias para impulsar a dixitalización das empresas en pleno século XXI non paran de actualizarse, cambiar, reformarse. Estar ao día de todos eses cambios faise unha tarefa inabarcable para a maioría das empresas.

Os cristais plásticos, o futuro da tecnoloxía para arrefriar as cousas

Un equipo chinés propón un sistema de refrixeración baseado en cristais plásticos que reduciría o consumo de electricidade e as emisións con efecto invernadoiro

Novos materiais que axudan a detectar nos alimentos compostos prexudiciais e substancias beneficiosas para a saúde

Investigadores da Universidade Rey Juan Carlos están aplicando novos materiais para detectar nos alimentos que inxerimos compostos prexudiciais e substancias beneficiosas para a saúde

A calidade e seguridade alimentaria constitúe, hoxe en día, unha das principais preocupacións dentro do ámbito alimentario que leva consigo facer fronte a novos retos para garantir a saúde dos consumidores e satisfacer as súas demandas cada vez máis esixentes.

Crean un sistema de sensores para monitorizar anciáns

Poñen en marcha unha proba piloto dun sistema de sensores de gases que se basea en intelixencia artificial para monitorizar persoas maiores que viven soas

A información recollida polos sensores procésase con algoritmos desenvolvidos polo Centre de recerca en Enginyeria Biomèdica da UPC (CREB) e a intelixencia artificial aplicada pola empresa Sensing&Control.

Páxinas