O próximo día 19 de xullo terá lugar no salón de actos de Tecnópole unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i. A sesión centrarase en dous programas que convocará proximamente o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o FEDER-INNTERCONECTA e o INNPRONTA. En total, ambas as dúas convocatorias teñen unha dotación económica próxima a 500 millóns de euros.
Fernando Pérez Rodríguez, traballador da subcontrata Eulen en Tecnópole gañou o II Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, con 'O reflexo''.
A TIC galega Conexiona Telecom presentou en Tecnópole -onde se atopa a súa sede- un novo software de xestión intelixente de comunicacións para empresas. Segundo os seus creadores, trátase dun produto innovador a nivel mundial no que xa se interesaron varios distribuidores especializados.
O Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) subscribiron un convenio polo que ambas as dúas entidades traballarán conxuntamente para potenciar o acceso de autónomos e pequenas e medianas empresas (pemes) de Galicia aos programas de financiamento directo do ICO.
O Consello de Ministros autorizou o convenio entre a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a entidade pública empresarial red.es para a posta en marcha do Programa Emprendedores en Rede.
España subiu un posto e sitúase no undécimo lugar dentro do "ranking" de países europeos con capacidade de innovación, un lugar intermedio inmediatamente despois de Alemaña e por diante do Reino Unido, segundo o "Índice Altran de Potencial Innovador 2011".
Baixo o lema 'Roadmaps for Future Navigation', a conferencia deste ano da International Association of Science Parks (IASP) centrou o seu interese no papel que deben desempeñar os parques científicos e tecnolóxicos para responder aos retos globais e promover o desenvolvemento dun crecemento sustentable.
O Centro Tecnolóxico AIMEN, con sede en O Porriño (Pontevedra) e oficina en Tecnópole, coordina un proxecto europeo de I+D+i baseado na tecnoloxía láser, co obxectivo de desenvolver alternativas ás arquitecturas actuais das células fotovoltaicas, empregando materias primas máis baratas (como o silicio UMG) e diminuíndo o desperdicio de material debido aos erros na fabricación.
A factoría de "ouro verde" xa está en marcha na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Os investigadores do grupo de Jesús Torres acaban de comezar a cultivar microalgas no seu novo laboratorio dentro do proxecto europeo EnerBioAlgae que lidera Vigo para obter biodiésel e limpar zonas degradadas.
O Goberno galego autorizou á Consellería de Economía e Industria á sinatura dun convenio coa Universidade de Vigo para realizar unha nova expedición no 'Gran Burato', co fin de confirmar se existe gas e existen posibilidades de explotación.
Púxose en marcha un proxecto financiado con fondos da Unión Europea que contribuirá a que a industria de fabricación do continente faga fronte aos retos actuais.
A empresa de máquina ferramenta Etxe-Tar implantou un concepto diferente de ferramenta flexible para fabricar cada peza no proceso de fabricación de vehículos.