O Ministerio de Economía e Competitividade presentou o programa Innvierte para fomentar a colaboración público-privada no apoio financeiro ás pemes innovadoras, que mobilizou compromisos de investimento por uns 234,5 millóns de euros.
A asociación EuroCloud considera a compañía Zyncro como mellor startup europea do ano, entre un total de 200 compañías, na última edición dos premios EuroCloud Awards 2012.
A empresa española Adverados desenvolveu unha tecnoloxía capaz de autenticar e certificar, con validez legal, calquera persoa e calquera tipo de contido ou arquivo que se transmita a través de internet, ben fronte a unha comunidade ou fronte a persoas físicas ou xurídicas.
Inventar aplicacións para teléfonos móbiles está case ao alcance de calquera. Google lanzou a finais de 2010 unha plataforma para crealas dentro do seu sistema operativo, Android. Aquel programa, App Inventor, forma parte do currículo do Massachusetts Institute of Technology (MIT) e converterase nunhas semanas no primeiro curso gratuíto que ofrece a Universidade Nacional de Educación a distancia (UNED) a través de Internet.
Un grupo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts logrou desenvolver unha tecnoloxía que permite, grazas á luz solar e tamén á luz artificial, a recarga automática e autonomía de teléfonos móbiles, lectores de libros electrónicos e outros dispositivos de pantalla plana.
Un grupo de investigadores españois, cos que colabora a Universidade Politécnica de Valencia (UPV), desenvolveu unha nova lámpada de tecnoloxía LED que permite a súa implantación en sistemas de iluminación existentes a un custo moi baixo e conxúgao coa mellor tecnoloxía e a máxima calidade.
Tecnópole incorporou a ferramenta Canle Orama, desenvolvida pola empresa Contact Comunicación, aos seus protocolos de difusión de eventos. Mediante esta aplicación gratuíta, específica para smartphones, ofrécese ao usuario toda a información relacionada coas actividades ao tempo que se vincula ao seu lugar de celebración.
Tecnópole, en calidade de entidade colaboradora do evento, ofrece entradas gratuítas ás súas empresas para as V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial que a Universidade de Vigo celebrará entre o 12 e o 16 de novembro.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a activación de recursos por valor de 35 millóns de euros en innovación, que permitirán crear, nos próximos dous anos, 300 empresas innovadoras e mobilizar un investimento total de 80 millóns de euros.
"Ola, moi bos días. Chámome Juan Verde e quero dicirlles que hoxe en día, ser verde non só ten sentido senón que ademais é rendible". Con este habilidoso xogo de palabras apenas tardou o asesor de Barack Obama en España en chamar a atención do auditorio congregado no auditorio de Miñano, uns 200 profesionais chegados a Vitoria dende 80 parques tecnolóxicos e científicos.
O Consello de Ministros de Competitividade da UE alcanzou un acordo político sobre as normas para que os proxectos de investigación accedan aos fondos europeos entre 2014 e 2020, e recolle a proposta de España de financiar o 100% aos centros de investigación de prestixio.
España ten un ratio de 14,05 emprendedores por cada 10.000 habitantes, segundo os datos do mes de setembro rexistrados no 'Radar Empresarial' de Axesor.