Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Móbiles e tablets que se cargan sós

As pantallas planas de cristal líquido, presentes en multitude de dispositivos electrónicos, como os teléfonos móbiles, as tablets ou os lectores de libros electrónicos, pódense utilizar para recargalos, sinalan investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets (MIT), liderados polo español Amador Menéndez.

A nanotecnoloxía revoluciona as nosas vidas

Materiais auto limpiables que se rexeneran sós, tecidos que controlan e regulan a temperatura corporal, anti grafitis intelixentes e un longo número de inventos que parecen inverosímiles están a inundar o mercado español. Non se trata de produtos de ciencia ficción nin de desenvolvementos importados alén as nosas fronteiras. Todos estes inventos levan o selo made in Spain, grazas a que as nosas empresas están a aplicar no seu proceso de fabricación algo tan revolucionario como a nanotecnoloxía.

Crean un 'cable' que conecta o cerebro ás máquinas

Un grupo de investigadores da Universidade de Michigan acaba de conseguir algo que parecía imposible: fabricar un delgadísimo cable capaz de "enchufar" directamente o cerebro humano a unha computadora. O enxeño é tan preciso que pode conectarse, mesmo, a células individuais. O sorprendente estudo publicouse na revista Nature Materials.

Tecnópole emprende un proxecto dixital para conectar as súas empresas entre elas e coas de toda Galicia

Tecnópole acaba de emprender un proxecto dixital que ten como principal obxectivo incrementar a competitividade das súas empresas mediante a innovación aberta. A entidade deseñou un punto de encontro virtual aloxado no portal web www.5sentidosparainnovar.com no que as empresas e centros de coñecemento de Tecnópole poderán interrelacionarse entre eles e con empresas de toda Galicia.

Un piloto de carreiras, un cirurxián, unha coreógrafa e un árbitro de fútbol serán algúns dos relatores do TEDxGalicia 2012

Os dezaseis relatores do evento TEDxGalicia 2012, que terá lugar o 30 de novembro en Tecnópole, están xa a preparar as súas intervencións a partir do lema '¿ E se... ? '. Entre eles figuran o piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín, o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, a coreógrafa e bailarina Silvia Montes e o único árbitro de fútbol galego na Primeira División, Ignacio Iglesias.

A plataforma de moda TenEstilo innova dende Tecnópole co seu estilista virtual para a comercialización de primeiras marcas

A plataforma de moda www.tenestilo.com acaba de iniciar a súa traxectoria en Tecnópole cunha innovadora estratexia de vendas incentivada pola posta a disposición grauíta dun estilista virtual personalizado.

O Goberno central convoca as axudas a contratación de doutores

O pasado 25 de outubro publicouse a convocatoria 2012 do Programa Torres Quevedo, para a contratación laboral de doutores que desenvolvan proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou estudos de viabilidade técnica previos. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 13 de decembro.

O magosto de Tecnópole incorpora este ano un concurso de doces

Todos os traballadores das empresas, entidades e a sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están convocados o próximo 8 de novembro ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI para celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

A Asociación de Xestores de Innovación de Galicia preséntase en Santiago

A Asociación de Xestores de Innovación de Galicia (AXIGA) presentouse publicamente a semana pasada en Santiago tras dous anos de actividade. A orixe deste colectivo profesional atópase na Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), que impartiu o seu curso de training en 2009 en Tecnópole.

O 80% dos españois ve necesario manter ou incrementar o investimento en I+D+i

Un 88,6% dos españois cre que a ciencia achega vantaxes para mellorar a calidade de vida da sociedade e un 87,1% opina que contribúe ao desenvolvemento económico, segundo a última enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía. A enquisa destaca así mesmo que máis dun 80% apoia que as administracións públicas incrementen ou manteñan o investimento en ciencia e tecnoloxía.

O Ministerio de Economía e Competitividade lanza un plan público-privado de apoio a pemes innovadoras, dotado con 234,5 millóns de euros

O Ministerio de Economía e Competitividade presentou o programa Innvierte para fomentar a colaboración público-privada no apoio financeiro ás pemes innovadoras, que mobilizou compromisos de investimento por uns 234,5 millóns de euros.

Zyncro, a 'startup' española que triunfa no mercado europeo

A asociación EuroCloud considera a compañía Zyncro como mellor startup europea do ano, entre un total de 200 compañías, na última edición dos premios EuroCloud Awards 2012.

Páxinas