Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2011 ata o 23 de outubro

Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a 'Galiciencia 2011' ata o 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

Os emprendedores de Tecnópole teñen un 50% de desconto na inscrición para o Investment Readiness

A Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada para coñecer e debater dende diferentes ópticas todos os pasos que unha persoa emprendedora ten que dar para optimizar a busca de financiamento privado para o seu proxecto empresarial. Como entidade colaboradora de Inberso, os membros de Tecnópole teñen un 50% de desconto na cota de inscrición.

O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa terceira edición a finais deste mes

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a terceira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

Egatel presenta os seus novos transmisores na feira internacional de referencia no sector do broadcasting media

A empresa Egatel, situada en Tecnópole, presentou os seus dous novos transmisores de televisión na IBC 2011, celebrada estes días en Amsterdam. Este evento está considerado como a feira internacional de referencia no sector do broadcasting media (radio, televisión e outros medios de comunicación electrónicos).

Unipresalud instálase en Tecnópole

A empresa Unipresalud, do sector da prevención de riscos e a saúde e seguridade laborais, instalouse en Tecnópole co obxectivo de ofrecer un servizo de proximidade ás entidades situadas no recinto.

O MITYC regula as axudas aos sectores estratéxicos industriais para o período 2012-2015

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou, no BOE do 3 de setembro de 2011, as bases reguladoras das axudas para a realización de actuacións no marco da política pública de fomento da competitividade en sectores estratéxicos industriais para o período 2012-2015.

Emprego, internacionalización e innovación salvaranse dos recortes previstos pola Consellería de Economía

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, garantiu a semana pasada que o emprego, a internacionalización e a innovación das empresas -como prioridades do seu departamento- se salvarán dos recortes e serán preservadas. Uns "axustes que hai que facer" necesariamente nas contas da Xunta e, polo tanto, na súa consellería, que atribuíu a "débedas pendentes que agora desgraciadamente hai que pagar".

Repsol crea un fondo para emprendedores en eficiencia enerxética

A Fundación Repsol creou un Fondo de Emprendedores en eficiencia enerxética dirixido a apoiar aos mellores proxectos empresariais que acheguen solucións en materia de aforro e uso responsable da enerxía.

O 75% das empresas españolas xa usa software libre nas súas operacións

España xa está entre os tres países europeos que máis adopción fixo do software libre, xunto a Alemaña e Francia. Un estudo do INE revela que o 75% das empresas españolas xa utiliza algún tipo de solución de código aberto. E entre as razóns que os levaron a iso están o aforro de custos e, sobre todo, a independencia dos provedores de tecnoloxía.

A empresa española IUCT crea un fondo de capital semente para emprendedores innovadores

A empresa española IUCT creou o Fondo de Capital Coñecemento, que axudará na creación ou crecemento de empresas innovadoras do sector químico, farmacéutico e biotecnolóxico grazas a un investimento de catro millóns de euros para investir en 10 anos a razón dun volume de investimento por operación de entre 50.000 e 400.000 euros.

Crean o motor máis pequeno do mundo cunha molécula

Químicos da Universidade Tufts (EE.UU.) desenvolveron o primeiro motor eléctrico cunha soa molécula. Este dispositivo mide só un nanómetro de diámetro, algo infinitesimal. Para facernos unha idea das súas dimensións nanométricas abonda dicir que un só filamento de cabelo humano ten aproximadamente 60.000 nanómetros de ancho.

O biopetróleo, unha revolución en marcha

O biopteróleo creado por Bio Fuel Systems a partir da captura e neutralización de CO2 será presentando na Conferencia Mundial 'Os Talleres da Terra 2011'como "unha solución tecnolóxica que xa existe" e "un modelo que representa unha verdadeira revolución".

Páxinas