Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Drons antivelutinas

A innovación ao servizo da sociedade. Unha empresa de drons galega, Aerocámaras, acaba de ser galardoada pola Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) como unha das firmas tecnolóxicas emerxentes máis punteiras. O seu proxecto para exterminar a avespa asiática mediante o uso de drons, secundado pola Xunta, foi elixido entre máis de 150 candidaturas e sitúase no alto do podio polo seu potencial e eficacia. 

Avance clave no achado de novos fármacos para evitar os temidos trombos

Un novidoso estudo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) suporá un antes e un despois na identificación de fármacos antitrombóticos, que reducen o risco de sufrir un ataque cardíaco, un accidente cerebrovascular e unha obstrución das arterias e veas, xa que evitan que se formen coágulos de sangue ou que estes aumenten de tamaño. 

Lácteos sen leite, un invento do CSIC que chega agora ao mercado

A hidrólise do ovo, unha técnica ideada por científicos españois que permite fabricar alimentos sans e moi proteicos pero sen graxas nin azucres, chega agora ao mercado da man da empresa familiar galega Granja Campomayor. 

Saúde, como bautizan a este novo alimento segundo informa Efe, xurdiu nos laboratorios do Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación do CSIC, da man das investigadoras Marta Miguel e Marta Garcés. 

A Xunta convoca axudas por 2,7 millóns de euros para realizar melloras de innovación en pemes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria das axudas Innova Peme 2020, no marco da que se destinarán 2,7 millóns de euros a apoiar a sistematización, a potenciación e o desenvolvemento da actividade innovadora de pequenas e medianas empresas (pemes). 

Así o trasladou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante unha visita en Vigo á empresa de asistencia a persoas maiores en residencias O Lecer Sénior Care, beneficiaria da convocatoria de 2019, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

5G: soportará o 10% das conexións móbil

En 2023, as redes 5 G soportarán máis do 10% de todas as conexións móbiles a escala global. A velocidade media de 5 G será de 575 megabits por segundo, 13 veces maior que a conexión móbil media, segundo informe Cisco Annual Internet Report, que analiza a evolución das redes móbiles, WiFi e de banda ancha fixa. En España, as redes de quinta xeración soportarán máis do 15% de todas as conexións móbiles no exercicio 2023.

Premiados os impulsores da aprendizaxe das máquinas

Recoñecemento á capacidade das máquinas por pensar. O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Tecnoloxías da Información e a Comunicación foi concedido onte a Isabelle Guyon, Bernhard Schölkopf e Vladimir Vapnik, polas súas «contribucións fundamentais á aprendizaxe automática». 

Segundo a acta do xurado, os tres galardoados lograron que os ordenadores sexan capaces de recoñecer patróns en grandes cantidades de datos, e poder así clasificalos en categorías. Trátase dun proceso no que a máquina aprende a partir de numerosos exemplos. 

Axudas para equipamento dos centros tecnolóxicos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para mellorar o equipamento dos centros tecnolóxicos e os de apoio á innovación mediante a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade co obxectivo de desenvolver unha I+D punteira. 

Catro proxectos emprendedores da Universidade de Vigo recibirán apoio de Tecnópole

A Universidade de Vigo promove os premios Incuvi-Emprende, un programa de apoio a iniciativas empresariais de base tecnolóxica e de coñecemento, que ofrece unha formación e mentorización específica de cara á validación das ideas de negocio e á elaboración dun plan de empresa. Catro dos galardoados este ano, recibirán apoio loxístico e formativo cunha estancia dun ano na incubadora de empresas de Tecnópole. Trátase de catro propostas a cabalo entre a economía tradicional e a revolución tecnolóxica. 

Tecnópole participou no Foro Transfiere

Tecnópole participou na 9ª edición do Foro Transfiere. A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) presentou as novas funcionalidades que a súa rede privada de blockchain (BLOCKPCT) achega á actividade empresarial. 

Leopoldo Boado, vicepresidente de Aplicacións de Oracle Europa: "O software non necesitará intervención humana"

O software autónomo converteuse nun dos piares de Oracle, en pleno proceso de transición a unha compañía cloud. "Estamos ante un cambio de paradigma. Para nós, o futuro é o software autónomo: grazas á intelixencia artificial embebida non se necesitará intervención humana", explica Leopoldo Boado, vicepresidente de Aplicacións para Oracle en Europa e director xeral de Oracle España. 

Residuos plásticos oceánicos servirán para facer pezas con impresión 3D

Soa a ciencia ficción, pero a transformación dos residuos plásticos oceánicos en novos compoñentes ecoinnovadores é un proxecto que está a punto de ser realidade no mundo marítimo e farase con tecnoloxía made in Galicia. 

O sector TIC é o líder en madureza dixital grazas ao volume de datos

O sector de telecomunicacións lidera a madureza dixital e é o que ten un modelo de organización con maior grao de orientación ao dato dentro da industria española, grazas aos inxentes volumes de datos que manexan e deben aproveitar, segundo se desprende do Informe Minsait sobre Madureza Dixital en España 2019, centrado en Dato e Analítica. 

Páxinas