Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

¿Pode un robot inventar? O sistema de patentes, en xaque

Poñámonos en antecedentes. O enxeñeiro Stephen Thaler crea unha intelixencia artificial á que chama Dabus AI. Este algoritmo deseña por si só dous novos produtos: un colector industrial e unha lámpada. Ambos os dous inventos son susceptibles de ser patentados, pero Thaler decide facer o rexistro a nome Dabus AI. ¿Resultado? Nin Reino Unido nin Europa nin Estados Unidos aceptan a solicitude. A intelixencia artificial non pode patentar. Así de rotundo.

Fabrican formigón "vivo" e ecolóxico feito a base de bacterias e area

Os materiais de construción poden experimentar unha revolución grazas a unha nova técnica que usa bacterias para a súa fabricación e xerando unha menor pegada de carbono, segundo un estudo que publica a revista Matter. O método, desenvolvido por un equipo da Universidade de Colorado en Boulder (EE.UU), combina area, bacterias e un xel para crear un material vivente que ten función estrutural de carga e biolóxica.

Tecnópole difunde as súas infraestruturas de I+D+i a través da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) lanzou a súa nova publicación "Infraestruturas de innovación nos parques científicos e tecnolóxicos de España", cunha recompilación de 228 equipamentos que están a desenvolver actividades punteiras en materia de I+D+i. Os laboratorios do CIS-Madeira e do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), xunto coa Unidade de Cirurxía Experimental de Tecnópole, forman parte deste catálogo de infraestruturas.

O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia investirá 2,6 millóns de euros en I+D+i

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, presidiu a reunión de final de ano do padroado da fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), onde se fixo balance da actividade realizada no segundo semestre de 2019 e se deron a coñecer as liñas de actuación do exercicio que acaba de comezar. Neste sentido, o conselleiro destacou os máis de 2,6 millóns de euros que este centro investirá en proxectos de I+D+i no 2020, seguindo o camiño da Galicia innovadora.

Galicia planificará o futuro transporte intelixente con drons autónomos

Aeroportos para drons, corredores aéreos, normas de circulación, sistemas de regulación de tráfico, operativos de navegación que eviten caídas ou posibles colisións no aire, plans de voo que lles permitan despegar e aterrar no punto máis adecuado de forma autónoma e sen ningún piloto que os controle... O que se viu ata agora é só o principio, porque o futuro será o dos drons profesionais dedicados ao envío de mercadorías, de vixilancia ou de inspección de todo tipo de ámbitos e servizos.

Transformación dixital, en cifras: cantas empresas xa a iniciaron e con que resultados

Segundo o MIT Sloan Management Review, as empresas que adoptaron a transformación dixital son un 26% máis rendibles que as súas competidoras media da industria e ven unha valoración do mercado un 12% máis alta. Non obstante, o mesmo informe sostén que só o 25% das organizacións informan de que teñen a madureza dixital suficiente para construír innovacións dixitais e impulsar a transformación en toda a empresa.

A nova mobilidade: Adeus ao coche particular

A falta de sostibilidade do modelo de mobilidade urbana actual levou ás cidades a levar a cabo un cambio progresivo no que os coches eléctricos e os medios de transporte compartidos adquiren todo o protagonismo.

Unha etiqueta biodegradable capaz de alertar da descomposición dos alimentos, o innovador desenvolvemento de Oscillum

Reducir o malgasto de alimentos para diminuír os niveis de contaminación e favorecer a loita contra o cambio climático. Este é un dos principais obxectivos da empresa Oscillum Technologies do Parque Científico da Universidade Miguel Hernández (PCUMH) de Elxe. Para iso, a compañía deseñou unha etiqueta biodegradable capaz de detectar o estado de descomposición dun alimento e alertar de cando este xa non se pode consumir.

O porqué do robot: das tarefas repetitivas a xerador de datos para o negocio

"Os humanos fan traballos e os robots, tarefas". Partindo desta base, Roger Barga defende unha función superior das máquinas no ámbito industrial, máis alá das tarefas repetitivas. "Debemos entender que o robot é un dispositivo xerador de datos". O director xeral de robótica e servizos autónomos de Amazon Web Services (AWS) reivindica o seu uso para "descubrir coñecemento sobre o negocio".

A start-up Insylo deseña un sensor para controlar o nivel de gran dos silos

Controlar remotamente o nivel de penso que hai nun silo dunha explotación gandeira xa é posible grazas a Insylo. Con esta tecnoloxía, a empresa instalada no Parque Científico de Xirona deseña uns sensores que permiten a optimización da cadea de subministración de pensos mediante a monitorización dos silos das explotacións e a provisión de servizos intelixentes na nube para a colaboración entre granxeiros e distribuidores de penso. Tan doado como coñecer os niveis a través dunha aplicación móbil.

Ordenadores e teléfonos intelixentes enerxeticamente máis eficientes grazas a unhas innovadoras estruturas diminutas

Investigadores subvencionados pola Unión Europea están a desenvolver nanomateriais compostos e nanocircuítos electrónicos destinados a mellorar o rendemento enerxético, térmico e computacional.

As Tecnoloxías da Información e Comunicación que arrasarán en 2020

A tecnoloxía avanza extremadamente rápido, o que fai moi complicado seguir a pista dos avances e as súas aplicacións para a vida cotiá, e o sector empresarial, ao tempo que son un dos grandes piares do desenvolvemento actual para calquera industria.

Pola súa banda, a ONU nomeou o 2020 como o 'Ano do Salto tecnolóxico' no seu Programa TIC Horizonte 2020, debido ao enorme investimento que se leva a cabo a nivel mundial para continuar co desenvolvemento das TIC.

Páxinas