Biotecnolóxicas e empresas de automoción lánzanse á innovación dixital

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
 

Os dous clústeres de empresas galegas dos sectores da biotecnoloxía e a automoción ofrecerán ás pemes solucións tecnolóxicas para avanzar na innovación dixital. 

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o das Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) acaban de presentar uns centros de operacións (hub, nó, literalmente, en inglés) para promover a modernización dixital dos sectores implicados. 

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, destacou que estes hubs “serán claves para a industria galega ante os retos da transformación dixital, creando un ecosistema de traballo conxunto entre o tecido industrial, o coñecemento e a Administración”. 

Os centros suman as capacidades de máis de 4200 empresas que empregan 120.000 persoas. 

Fonte: La Voz de Galicia