A biotecnolóxica galega GalChimia investigará sobre cancro coa compañía israelí HQL

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A empresa galega GalChimia, líder en España en química orgánica sintética, e HQL Pharmaceuticals, unha compañía de descubrimento de fármacos en fases temperás con sede en Israel, asinaron un acordo de colaboración para a investigación oncolóxica.

Para a directora executiva de GalChimia, Carmen Pampín asegura que "GalChimia demostrou o seu compromiso de axudar ás compañías farmacéuticas e de biotecnoloxía a acelerar os esforzos de descubrimento de fármacos".

"Estamos orgullosos de poder dicir que tres empresas están agora avanzando produtos a Fase I usando a química que nós desenvolvemos", remarcou a directora executiva desta empresa, quen manifestou que "esta colaboración con HQL é o primeiro contacto coa puxante comunidade de biotecnoloxía israelí e estamos desexosos de que sexa un éxito".

En concreto, o acordo suporá que ambas as dúas compañías traballarán de forma conxunta na investigación e o desenvolvemento de moléculas inhibidoras de interaccións proteína-proteína dirixidas cara a rutas de apoptose, unha morte celular programada que se dá en organismos multicelulares e que posúe un papel crucial no terreo da oncoloxía.

"En HQL cremos que a sinerxía entre a experiencia e capacidades de GalChimia e a nosa plataforma propietaria de descubrimento computacional ten un enorme potencial para obter novos deseños químicos, deseños que responden a retos importantes no desenvolvemento de novos fármacos para o cancro dunha forma eficiente e económica,", declara Tal Parnes, responsable de HQL.

(Fonte: La Opinión)