Bioplásticos catro veces máis baratos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Cada ano xéranse en Europa 192 millóns de toneladas de residuos de froitas e verduras. En España, uns 90 millóns. Co fin de dar un novo uso a estes subprodutos e que non sexan unicamente escouras, cada vez son máis as iniciativas que, en vez de utilizar petróleo, empregan produtos químicos para xerar un novo obxecto destas materias primas renovables.
 
Coñecémolos como bioplásticos. Pero a empresa española Tecnalia deu un paso máis: lidera un proxecto internacional, Transbio, co que desenvolverán deterxentes, films para produtos comestibles e complementos alimentarios de orixe biotecnolóxico utilizando os restos de froita e verdura. Así, "en vez de usar petróleo ou aditivos de orixe química, empregaremos microorganismos co fin de romper as fibras destes subprodutos para obter azucres. Estes fermentaranse e produciranse non só polímeros, senón tamén moléculas e encimas", explica María del Carmen Villarán, xerente de Bioprocesos e Conservación de Tecnalia.
 
O proxecto, que acaba de comezar e terá catro anos de duración, permitirá crear deterxentes para lavar a roupa e para uso industrial máis verdes, complementos alimentarios ao producir moléculas de ácido sulfínico que hoxe se obtén do petróleo coa mesma calidade e films de PHB (biodegradable e orgánico) para envolver as bandexas de carne, polo... que ademais serán máis baratos que os biopolímeros. "Os bioplásticos actuais son catro veces máis caros que os de petróleo. Os nosos, ao facerse de orixe biotecnolóxica, terán o mesmo prezo que os de petróleo ao lograr reducir o custo de materias primas", asegura Villarán. En definitiva, novas solucións biotecnolóxicas que permitirán algún día se non lograr, polo menos achegarnos ao obxectivo de cero residuos.
 
(Fonte: La Razón)