Biolacas de residuos de tomate para as conservas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Cada ano xéranse uns 300 millóns de toneladas de residuos de tomate na Unión Europea. Escouras que se xeran especialmente pola industria dedicada a producir concentrado de tomate. Na actualidade, as peles e sementes utilízanse basicamente para alimentar o gando. O resto, a gran maioría, hai que eliminalo, co conseguinte custo.
 
Outra opción é aproveitar estas escouras e dar así un novo uso a un residuo. E é precisamente este obxectivo o que pretende alcanzar o proxecto europeo para facer biolacas de residuos de tomate que despois serán utilizadas no exterior e interior das latas de conservas para previr a corrosión e evitar a contaminación de elementos metálicos nos alimentos.
 
Esta iniciativa, coordinada dende Italia pola estación experimental para a industria conserveira alimentaria no que participan dende España Tecnalia, o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Estremadura (Ctaex) e conservas Martinete, permitirá que as latas sexan máis seguras para o consumidor e ao mesmo tempo máis reciclables.
 
Na actualidade, as lacas empregadas nas conservas son sintéticas e garanten unha flexibilidade, adhesión e resistencia á corrosión. Non obstante, "nos últimos anos hai certa controversia sobre se os residuos da laca poden supoñer un problema de seguridade alimentaria, pola presenza entre outros do bisfenol A, uso de organosois, ...", explica Xavier Gómez, investigador de Tecnalia.
 
Por iso, este proxecto pretende extraer a molécula de cutina, un poliester natural nos residuos de tomate, e convertela en bioresina que, mediante diferentes procesos, permitirá obter unha biolaca apta para vernizar o interior e o exterior das latas de conserva. A dificultade estriba en lograr que "esta laca natural -prosegue o experto- teña as mesmas propiedades de flexiblidade, adhesión e resistencia á corrosión que as sintéticas, polo que aínda que nun principio intentaremos que sexa cen por cento natural, quizais teñamos que mesturar unha parte sintética".
 
Seguras e reciclables
 
Respecto ao reciclado, "a porcentaxe de rexeitamento será menor coas ecolacas, xa que cando se recicla o metal se comprobou que non todos son igual de aptos segundo a laca sintética que teñan", engade.
 
De conseguilo, esta iniciativa que acaba de arrancar permitirá reducir os custos de eliminación dos residuos de tomate ao poder reutilizalos para este fin, así como que facer que as latas de conservas sexan máis seguras para o consumidor. Todo un obxectivo que espera alcanzar en 2013 e para o que se destinaron 1.050.000 euros de investimento, dos cales máis de 800.000 proveñen de fondos europeos, ao tratarse dun proxecto do Programa de Investigación en beneficio das Pemes.
 
(Fonte: La Razón)