Bioga mantén aberta ata o 31 de outubro a convocatoria dos seus premios anuais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), mantén aberta a convocatoria dos seus premios anuais, organizados en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), ata o 31 de outubro.

Os Premios Bioga pretenden incentivar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e recoñecer o talento dos investigadores máis novos, ao mesmo tempo que enxalza o traballo de empresas competitivas do tecido empresarial galego no campo biotecnolóxico e das ciencias da vida.

Os galardóns convócanse en dúas modalidades. A primeira é o premio á biotech máis competitiva, para aquelas empresas con traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados. O premio á mellor idea empresarial biotech para proxectos innovadores ou empresas de recente creación está dirixido aos emprendedores que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro.

(Fonte: Bioga)