Bioga e o Igape organizan a segunda edición da Lonxa de Investidores en biotecnoloxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Instituto Galego de Promoción Económica e o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida (Bioga) organizan a segunda edición da Lonxa de Investidores este mércores 25 de setembro en Santiago de Compostela.

A lonxa ten como obxectivo principal promover o investimento produtivo no sector biotecnolóxico a través da organización dun foro que permita encontros vis a vis entre emprendedores de proxectos biotecnolóxicos e as entidades representantes de produtos de financiamento de capital privado.

O evento está dirixido a emprendedores e persoal directivo de empresas biotecnolóxicas galegas interesadas na posta en marcha dun proxecto emprendedor ou conseguir unha consolidación no mercado. De igual modo, diríxese a investidores, xa que terán a oportunidade de coñecer proxectos que poidan resultar do seu interese.

A lonxa contará coa participación dun grupo importante de investidores dispostos a impulsar proxectos emprendedores de base biotecnolóxica. Ysios Capital, Suan Farma Biotech, UNIRISCO, S.C.R.S.A, EQUIS Galicia, La Caixa Capital Risc, Keiretsu e Banco Sabadell son algunhas das entidades participantes xunto con expertos na área de promoción e desenvolvemento de proxectos empresariais biotecnolóxicos innovadores.

Con esta iniciativa preténdese promover o investimento produtivo no sector biotecnolóxico galego. Baixo un formato dinámico, na lonxa haberá encontros vis a vis entre emprendedores de proxectos, ligados basicamente ao campo investigador das Universidades e fundacións hospitalarias galegas e empresas biotecnolóxicas galegas con potenciais investidores.

(Fonte: Bioga)