A BFAero financia drons antiverquidos e de reparto de produtos sanitarios

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A terceira edición de BFAero, a aceleradora de proxectos aeroespaciais no aeródromo de Rozas, deu a coñecer as sete iniciativas gañadoras deste ano, entre as que se atopan o desenvolvemento de drons para o control de verteduras e para a distribución de produtos sanitarios. O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación destes proxectos, catro dos cales veñen de fóra de Galicia -dous Madrid, un de Alacante e un de Zaragoza-, mentres os outros tres proceden da Coruña, Vigo e Pontevedra.

Dos sete proxectos seleccionados nesta nova edición, catro están en fase de aceleración: o CIES Solar, de Pontevedra, buscará realizar misións automáticas de fotogrametrías de máis de 1.000 hectáreas ao día; Saqqarah, de Vigo, servirá para a inspección de procesos industriais e verteduras ambientais; PrimeCor, de Alacante, desenvolve un sistema seguro e certificable para o control de voo de drons; e Atom, de Madrid, ofrece unha ferramenta integral para o uso de drons en operacións e mantemento de instalacións industriais.

Pola súa parte, os tres proxectos de incubación serán: Dronesuit, da Coruña, unha plataforma “cloud” con ferramentas para facilitar a operación e administración; Pharmadron, de Zaragoza, que avanza no uso de vehículos non tripulados no sector da loxística e distribución do sector da saúde; e SolarBotix, de Madrid, que estudará a viabilidade da fabricación de placas solares mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan modelarse en superficies planas como as dos avións.

O obxectivo desta aceleradora é consolidar un tecido empresarial, fundamentalmente formado por pemes, vinculado ao sector aeronáutico, así como transferir ao mercado solucións innovadoras, atraer e reter talento.

Fonte: El Progreso