Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Conexiona Telecom participa na primeira rolda de programas da canle Galicia Emprende-Innovatv

A Xunta de Galicia desenvolveu un proxecto audiovisual denominado "Galicia Emprende-Innotv", que nace co obxectivo de alentar e apoiar aos mozos galegos para innovar e emprender. A empresa de Tecnópole Conexiona Telecom é unha das 32 participantes na primeira rolda de programas.

O Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes de Galicia comeza a funcionar no CTAG

O Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes de Galicia xa é unha realidade.

O CDTI prestará 1100 millóns ás empresas innovadoras, o 32% máis que 2013

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) disporá este ano de 1100 millóns de euros para financiar os proxectos de innovación das empresas españolas, un 32% máis que en 2013.

Un kit antiespías feito en España conquista o mercado de EE UU

A empresa española Enigmedia constatou que as videoconferencias son o maior punto débil dende o punto de vista da privacidade. Así que puxo mans á obra e desenvolveu o seu sistema Enigmedia Box. A súa instalación non ocupa máis dun minuto. De momento, recibiu ao redor de trescentas precompras.

Innovadora 'Metrolinera' para recargar coches eléctricos aproveitando a enerxía de freado dos trens

Metro de Madrid creou un "pioneiro" sistema de recarga de coches eléctricos en superficie que aproveita a enerxía de freado dos trens que circulan na rede do suburbano e que foi bautizado como 'Metrolinera'.

Moda española de laboratorio

Leyre Valente presentou en EGO, a plataforma de novos talentos da moda que acolle a Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, un chuvasqueiro feito cun bioplástico que fabrica a marca española Equilicuá a base de fécula de pataca.

Chegan as xoias intelixentes, fusión de moda e tecnoloxía

Cando practicamente xa nos familiarizamos cos smartwatch ou as Google Glass, as xoias sóbense ao carro da 'intelixencia' unindo tendencia e funcionalidade a partes iguais. Estamos na era dos 'smart wearables', os dispositivos intelixentes que podemos levar enriba comodamente e que nos fan a vida máis doada.

Cambian as ventás por innovadoras pantallas para facer os avións máis eficientes

A compañía estadounidense Spike Aerospace está a construír un avión de pasaxeiros sen ventás e no seu lugar colocarán unhas pantallas planas de vídeo que reproduzan o que filman cámaras situadas fóra do avión. Con esta decisión, os deseñadores intentan solucionar o problema que as habituais ventás sempre supuxeron no sector.

Innovación para atopar bolsos perdidos e persoas en centros comerciais

A empresa Samsamia, que conta con apoio de apoiadas do Viveiro de Empresas do Parque Científico da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) lanzou unha aplicación para o móbil -Dresscovery- que identifica un bolso con tan só sacar unha foto.

Dezaoito proxectos das Aulas Tecnópole son seleccionados para participar no certame internacional European Youth KiiCS Award

Dezaoito proxectos desenvolvidos por estudantes de Secundaria e Bacharelato nas Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e financiado pola Consellería de Economía e Industria, acaban de ser seleccionados para participar no certame internacional European Youth KiiCS Award.

CIS Madeira e Xunta colaboran para que a biomasa sexa o motor enerxético en Galicia

Substituír as caldeiras actuais de gasóleo ou fueloil por outras de biomasa que utilicen o biocombustible xerado polos desbroces dos montes galegos pode supoñer tanto ás industrias, como ás economías domésticas, un 50% de redución do gasto enerxético.

O móbil 100% galego de Primux aumenta as súas prestacións

A empresa ourensá Primux Tech abre este 2014 coa incorporación de novas prestacións ao seu smartphone, elaborado ao 100% con tecnoloxía galega. Este produto está a ser un dos produtos máis demandados no mercado xunto coa tablet de última xeración presentada o pasado mes de decembro en Tecnópole de cara ao mercado de Nadal.

Páxinas