O Banco Europeo de Investimentos concede a España 1200 millóns de euros para financiar a I+D+i ata 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

España recibiu o empréstito de maior contía facilitado ata agora polo Banco Europeo de Investimentos (BEI) para apoiar a I+D+i: 1200 millóns de euros, que se destinarán a financiar as actividades que desenvolven os centros e institucións de investigación públicas en España ata o ano 2020.

O empréstito permitirá apoiar investimentos en diferentes áreas científicas e tecnolóxicas, especialmente as máis ligadas á industria española, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de patentes e de novas liñas de investigación.

O BEI outorga estes fondos baixo o marco do programa InnovFin para a Ciencia, unha iniciativa conxunta do Grupo BEI e a Comisión Europea deseñada, especificamente, para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación en Europa, e co apoio do programa de investigación e innovación Horizon 2020 da UE.

Os proxectos financiados pola UE grazas a este empréstito do BEI mobilizarán un investimento total de 2486 millóns de euros e terán un efecto positivo para a atracción e retención do talento investigador en España.

Os fondos facilitados polo BEI serán xestionados, entre outros, pola Axencia Estatal de Investigación (AEI), creada en 2015 para a xestión e financiamento dos fondos públicos destinados a actividades de I+D+i.

Estes recursos permitirán apoiar proxectos de investigación dos Organismos Públicos de Investigación (OPIS) e das Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares (ICTS). Os fondos do Banco da UE distribuiranse en diferentes áreas de coñecemento: Bioloxía, Química e Ciencias da Terra; Enxeñería e Tecnoloxía; Agricultura; Física, Matemáticas e Astronomía; Ciencias Sociais e Humanidades; e Ciencias da Saúde.

(Fonte: Innovamás)