O pasado 25 de outubro publicouse a convocatoria 2012 do Programa Torres Quevedo, para a contratación laboral de doutores que desenvolvan proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou estudos de viabilidade técnica previos. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 13 de decembro.
A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), puxo en marcha o programa Re-Emprende, unha liña de subvención orientada a favorecer a actividade empresarial, fomentando a creación de proxectos innovadores impulsados por empresarios e autónomos, dotado con dous millóns de euros.
A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organiza a Xornada “O Sétimo Programa Cadro de I+D da Unión Europea: como ter éxito nas convocatorias 2013”, evento que terá lugar na sede central do CSIC en Madrid o próximo 12 de setembro de 2012, a partir das 9.30 horas.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presenta en Ourense os servizos a empresas que presta a través do programa Re-Acciona. Será o próximo mércores 18 ás 12 horas na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).
O Ministerio de Economía e Competitividade convocou as axudas do Programa Nacional de Cooperación Público/Privada INNPACTO, que financia a cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas na realización de proxectos de I+D+i orientados cara a produtos explotables baseados na demanda. O prazo límite de presentación de solicitudes é o 17 de xullo.
O Ministerio de Economía e Competitividade publicou a convocatoria do subprograma Inncorpora 2012 para a contratación a xornada completa de tecnólogos titulados universitarios e doutores para a súa participación na realización dun proxecto concreto de I+D, en réxime de concorrencia competitiva e aplicando os principios de publicidade e obxectividade.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo puxo en marcha as axudas correspondentes ao subprograma Competitividade I+D do Plan Nacional de I+D+I. O prazo de solicitude finaliza o 5 de xullo de 2012.
O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convocou a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional.
A Consellería de Economía e Industria acaba de convocar as súas axudas á innovación empresarial, centradas en fomentar a investigación e a innovación empresarial e incentivar os investimentos innovadores, por un total de 12,5 millóns de euros. As bases da concorrencia a estas subvencións foron publicadas no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril e o prazo de presentación permanecerá aberto ata o 18 de maio.
A Xunta aumenta un 15% o presuposto para varias liñas de innovación empresarial, destinadas fundamentalmente a pequenas e medianas empresas (pemes), e reservará 12,5 millóns de euros para estas axudas.