A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), na súa estratexia de incrementar a utilización da propiedade industrial polas empresas españolas e potenciar o seu uso como ferramenta de acceso aos mercados internacionais, convocou subvencións para realizar solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo destinará axudas por un importe de 477 millóns de euros para proxectos tecnolóxicos innovadores en 2013, o que supón unha caída do 10,5% respecto aos 533 millóns de euros destinados o ano anterior, segundo informou o responsable do ramo, José Manuel Soria.
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizou un taller de dous días para ofrecer aos empresarios galegos as ferramentas necesarias para acceder aos 42 millóns de axudas á innovación procedentes dos fondos europeos e estatais. Para iso, están a recibir o asesoramento de especialistas do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Estas subvencións e empréstitos proceden fundamentalmente do Fondo Tecnolóxico Europeo e son xestionadas polo propio CDTI.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) abriu a través da súa páxina web a presentación de solicitudes de empresas innovadoras ou de base tecnolóxica que busquen investidores de capital risco que participen no Programa Innvierte.
A convocatoria do programa Feder-Innterconecta correspondente a este ano tivo grande aceptación no sector empresarial galego, que presentou 119 propostas para proxectos de I+D cun presuposto total que supera os 267 millóns de euros. En total participan 524 empresas, das que o 70% son pemes, e 297 organismos de investigación, segundo datos provisionais analizados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI).
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio convocou axudas á innovación tecnolóxica no medio rural para o exercicio 2013, cunha dotación total de 631.530 euros.
O Ministerio de Economía e Competitividade publicou no BOE a convocatoria de axudas do programa Feder-Innterconecta para Galicia, dotado con 75 millóns de euros para cofinanciar proxectos de innovación de alto impacto.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de presentar oficialmente a Axencia Galega de Innovación. Esta entidade recibirá unha achega de 12 millóns de euros para este ano, cantidade que se dirixirá a promover programas de innovación público-privados para pequenas e medianas empresas; así como a posta en marcha dunha liña de axudas que permitirá mobilizar até un total de 24 millóns de euros.
O Instituto de Comercio Exterior (ICEX) acaba de convocar as súas axudas de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional, no marco do programa ICEX Next.
O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e o secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz, asinaron un acordo para impulsar a internacionalización da industria con alto contido tecnolóxico que contará cun presuposto de seis millóns de euros.