O auxe do motor salva á industria do peor ano da historia en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O da industria é un deses negocios cunha clara vontade de recuperación en V se o control da pandemia o permitise. Os vertixinosos números vermellos da primeira onda do coronavirus, cando o colapso dos centros sanitarios obrigou a pechar todo o que non fose esencial, foron aletargándose, até o punto de que en decembro, das 20 ramas principais do sector, 11 aumentaron actividade en comparación con 2019. Aínda así, a produción industrial pechou ese mes cunha caída do 0,8% e unha baixada no acumulado do exercicio do 8,6%, cinco décimas por baixo da redución no conxunto do Estado (9,1%). Non foi nin de lonxe o maior desplome da historia -en 2009 a produción da industria chegou a descender máis do 15%- grazas á fortaleza da automoción.

O motor é a terceira gran pata da actividade industrial de Galicia tras a enerxía e a alimentación. En decembro pegou un novo estirón cun incremento da produción do 15,8% e completou 2020 cun ascenso do 5,5%, en liña co gran dinamismo das súas exportacións e o récord de fabricación na factoría do grupo Stellantis en Vigo.

Só hai outra rama da industria galega con saldo positivo a final do exercicio, as actividades  extractivas, que elevaron un 10,6% a súa actividade. Coas continuas restricións á canle Horeca, a fabricación de bebidas lideraron na comunidade a caída da produción: un 30,9% menos, segundo o balance publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Séguelle moi de preto o estropicio do naval, onde a produción diminuíu case un 26%; e a fabricación de produtos metálicos, un 24% de caída. A industria dos mobles sufríu un recorte do 19%; e a confección de roupa retrocedeu un 16%.

Fonte: Faro de Vigo