A automoción viguesa usa tecnoloxía 3D para fabricar válvulas de respiradores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A industria viguesa da automoción quere achegar o seu gran de area na loita contra a pandemia do coronavirus. Baixo a coordinación do clúster (Ceaga), tres startups forxadas na aceleradora de empresas do motor (a Business Factory Auto), Lupeon, Nort3D e Inmake lanzáronse á produción mediante tecnoloxía 3D (fabricación aditiva) de válvulas desbotables para respiradores, un dos equipos sanitarios con maior demanda nesta crise para os pacientes máis graves de Covid-19. En total, as tres empresas fabricarán unhas 900 válvulas cada dez horas. 

O proxecto xorde no seo da European Clusters Alliance. Esta alianza, que representa a 700 organizacións clúster con máis de 122 millóns de empregos, puxo a disposición da Comisión Europea todos os seus medios para responder á chamada de ao redor de 25.000 ventiladores para facer fronte ao coronavirus. 

En poucas horas, Ceaga e a BFA mobilizaron ás empresas que puidesen axudar neste ámbito. Lupeon, Nort3D e Inmake, especializadas en impresión 3D, amosaron o seu apoio e intención de colaborar desde o primeiro momento. Competidoras entre si, compartiron recursos para montar en pouco tempo prototipos de válvulas desbotables para respiradores, respiradores automáticos e sistemas de protección. 

Fonte: Faro de Vigo