Automoción e sector agroalimentario tiran da exportación en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia é unha das Comunidades Autónomas na que máis aumentou o valor das exportacións, mentres que no conxunto do Estado o comercio exterior caeu un 5,9% e está aínda moi lonxe de recuperar os niveis da prepandemia, segundo os datos que ofreceu o Barómetro Exportador de Galicia, que se consolida como un dos indicadores máis importantes para avaliar a saúde da economía de Galicia.

Os datos do mes de outubro amosan unha ralentización do ritmo de crecemento observado no mes de setembro. O valor das exportacións en outubro acadaou en Galicia os 2.219,9 millóns de euros, o que supón un incremento anual do 0,9% en relación ao 2019. Nesta avaliación interanual, son dous os sectores responsables do bo comportamento do comercio exterior galego: a automoción e o sector agroalimentario, malia que en outubro só o automóbil presenta datos positivos.

Máis preocupantes resultan os datos do sector téxtil. Despois de rexistraren un lixeiro incremento no mes de setembro, amosan unha caída interanual dun 17,6%, o cal, dado o seu elevado peso no comercio exterior galego, condiciona significativamente a evolución do valor total das exportacións.

Canto aos destinos dos produtos e servizos exportados, preto das tres cuartas partes son a países da UE-27 (71,67%), un grao de concentración nesta área económica substancialmente maior que no conxunto de España (un 60,7%). Cómpre salientar un positivo aumento de vendas aos países do Mercosur, especialmente Brasil e Arxentina.

Conclúe o informe que as cifras de outubro deixan sentir os efectos da segunda vaga da pandemia e unha perda de dinamismo económico debido ás medidas restritivas.

Fonte: El Correo Gallego