A asesoría enerxética Impulsa instálase no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A empresa de nova creación Impulsa, dedicada ao asesoramento enerxético, acaba de instalarse no Viveiro de Empresas que a Cámara de Comercio de Ourense ten en Tecnópole.

Impulsa Servizos Básicos de Enerxía e Telecomunicacións orienta a súa actividade cara ao asesoramento enerxético de empresas, baseado no estudo pormenorizado do seu consumo eléctrico para optimizar cada un dos termos presentes na factura eléctrica: potencia, excesos, enerxía activa e reactiva, etc. adaptándoos ás necesidades reais da empresa co consecuente aforro na factura.
 
"Cada día á empresa resúltalle máis complicado interpretar a factura da electricidade e cada un dos termos polos que paga, asumindo este custo como algo difícil de reducir e todo isto nun mercado tan difícil e dinámico como é o enerxetico", comenta Rafael E. Reza, xerente de Impulsa.
 
Os servizos de asesoramento enerxético que ofrece a empresa pódense resumir en: idoneidade da tarifa contratada, análise dos consumos enerxéticos segundo os tramos horarios e diagnóstico da potencia contratada, entre outros.
 
(Fonte: Impulsa)