Arranca a segunda edición do BFFood, a aceleradora para innovadores do sector alimentario

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) abriu unha nova edición de BFFood, a súa aceleradora do sector alimentario destinada a axudar a poñer en marcha proxectos innovadores relacionados con este sector. O prazo para poder participar neste proxecto permanecerá aberto ata o próximo 30 de novembro.

Entre todos os participantes, seleccionaranse dez proxectos innovadores que dean resposta aos retos reais presentados polas empresas agroalimentarias. Estes disporán do apoio económico da Xunta de Galicia, en concreto, accederán a un financiamento de 25.000 euros a fondo perdido.

Esta segunda edición do BFFood é, en realidade, "unha grande oportunidade para abrirnos a novas ideas e ao potencial humano que existe a noso arredor a través da innovación aberta e o emprendemento para impulsar a competitividade do sector", explicou o presidente do Clusaga, Juanjo de la Cerda. Ademais, con esta iniciativa, dáse resposta aos retos da industria agroalimentaria e impúlsanse melloras na competitividade e na presenza no exterior", engadiu Fernando Guldrís, director de XesGalicia. Pola súa banda, José Carballo, presidente da Cámara de Comercio de Santiago, destacou "a implicación dos distintos axentes do ecosistema no programa de BFFood para facer fronte, a través dos proxectos presentados, aos cambios e retos constantes da industria alimentaria".

A presentación desta iniciativa incluíu a celebración de dúas mesas redondas nas que se analizaron, por un lado, os modelos de negocio baseados na innovación no sector agroalimentario e, por outro, os retos aos que se enfronta a industria de alimentación. Posteriormente, o xerente do Clusaga, Roberto Alonso, fixo un balance da primeira edición deste programa, cuxos seis proxectos seleccionados están sendo acelerados e mentorizados dende o pasado mes de xuño. Por último, Javier A. Osuna, responsable do BFFood, presentou os retos reais das empresas alimentarias aos que os proxectos dos participantes deben buscar solucións e, tamén, ás catorce empresas tractoras que participan nesta segunda edición.

Os proxectos seleccionados disporán de apoio económico da Xunta e accederán a un financiamento a fondo perdido de 25.000 euros. Poderán tamén dispoñer dun crédito participativo que podería levar unha opción de capitalización de ata un máximo de 50.000 euros a través de Xesgalicia.

(Fonte: La Voz de Galicia)