Marzo 2023

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O centro de cirurxía experimental de Tecnópole, punteiro na comunidade, acolle a formación dunha técnica novidosa para operar hernias discais

Tecmeva -Tecnoloxías Médicas de Vangarda- é o centro de investigación en novas tecnoloxías cirúrxicas minimamente invasivas situado no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Trátase dun centro punteiro no eido da cirurxía experimental na nosa comunidade, destinado á formación dos cirurxiáns, así como á mellora das condicións de seguridade, eficiencia e calidade da actividade cirúrxica.

A empresa Ecoplas Barbanza vai poder incrementar a súa presenza internacional coa axuda do programa “Galicia Avanza”

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Entre as empresas participantes na primeira edición está Ecoplas Barbanza, que nace en 2005, focalizándose primeiro na fabricación de mallas extruídas destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco.

Éxito do alumnado de Aulas Tecnópole na feira científica Exporecerca en Barcelona

O alumnado de Aulas Tecnópole participou, como xa é habitual, na feira científica Exporecerca Jove de Barcelona, a máis importante deste eido no ámbito nacional. Nesta edición acudiron tres equipos: Iria Fernández e Irene López levaron o seu proxecto Mindcar, un coche movido pola mente; Roque López e Irene Día presentáronse co seu proxecto de fabricación dun biorreactor para o cultivo de espirulina; e Antía Ollero e Juan Martín Taboada levaban o seu estudo da física da porta da catedral de Ourense.

Tecnópole licita o servizo de xestión das súas instalacións deportivas para este verán

A sociedade do Parque Tecnolóxico de Galicia publicou na plataforma autonómica de contratación a licitación do servizo de xestión das súas instalacións deportivas para este verán. Trátase dunha cancha polideportiva, dúas de tenis e, sobre todo, da súa piscina ao aire libre de 25 metros.

Os pregos fixan, entre outras cousas, as datas nas que o complexo deberá permanecer aberto ao público, concretamente entre o día 17 de xuño e o 10 de setembro. As empresas interesadas no contrato dispoñen até o día 5 de abril para presentar as súas ofertas.

A empresa Aerocamaras, seleccionada para participar no proxecto europeo destinado a controlar o tráfico aéreo de drons

A compañía galega Aerocamaras, con sede en Lalín e no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, foi seleccionada para formar parte do consorcio europeo de empresas, liderado por Indra, que desenvolve o denominado Proxecto Ensure. Este proxecto está dirixido ao control do tráfico aéreo de drons mediante unha plataforma intelixente coñecida como U-Space. Trátase de lograr un control integral do tráfico similar ao que xa existe para as aeronaves de pasaxeiros ou para as embarcacións marítimas, aínda que aplicado ás peculiaridades específicas dos drons.

O director dixital de Roberto Verino explica a transformación da tenda en liña

«Antes entraba o cliente á tenda e comprabae, pero agora tes que ir buscalo á rúa máis importante do mundo, que é internet». Con esta frase resume Pablo Aranda, director dixital de Roberto Verino, o cambio de paradigma que supuxo para o sector do retail a aceleración do negocio en liña. O comercio electrónico pasou de ser un complemento para as grandes marcas a ser o seu principal eixe de crecemento.

A UVigo ultima o terceiro prototipo para a misión biolóxica máis pequena en órbita

A misión biolóxica máis pequena desenvolta até o momento no espazo avanza a bo ritmo en varios laboratorios tecnolóxicos e científicos dos campus de Vigo e Ourense. A asociación estudantil UVigo SpaceLab ultima, co asesoramento da ESA, o terceiro prototipo do nanosatélite BIXO, que será lanzado desde China en 2024 cun experimento latente a bordo.

As TIC poden chegar a mitigar o 15% das emisións

Das aproximadamente 1,5 xigatoneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) das que a industria da tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC) é directa ou indirectamente responsable na actualidade, ao redor dun terzo son emisións de alcance 1 e 2 (propias). O resto, ao redor de 1 xigatonelada, ou entre o 65% e o 75% do total da industria, componse de emisións de alcance 3, que inclúen as emisións ascendentes emitidas polas empresas ás que a industria compra bens e servizos e as emisións posteriores xeradas polos clientes de TIC.

O Kit Dixital aporta 1.000 millóns ás pemes no seu primeiro ano

O programa Kit Dixital, para financiar a dixitalización empresarial en España coas axudas europeas, repartiu no seu primeiro ano en marcha uns 950 millóns de euros entre as pemes, o que supón preto dun terzo do seu orzamento total. Os datos de Red.es indican que en total se repartiron xa 183.000 bonos dixitais entre empresas de até 50 empregados.

A dotación total do programa é de 3.067 millóns de euros, procedentes dos fondos de recuperación comunitarios, e o Goberno anunciou que ampliará durante todo 2024 o prazo para solicitar as axudas.

Case unha de cada catro firmas tecnolóxicas galegas sofre incidentes de ciberseguridade

Case unha de cada catro empresas tecnolóxicas galegas -un 23 por cento- declara sufrir un incidente de seguridade informática durante o ano 2021. Así o reflicte un informe sobre o estado da ciberseguridade en Galicia que subliña que esta “alta incidencia” de ciberataques nun sector que “ten un alto grao de especialización demostra a grande importancia do uso de ferramentas de defensa”, xa que estes incidentes afectan a “todo tipo” de compañías.

Páxinas