O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” pecha a súa primeira edición o 15 de febreiro, cun evento en Tecnópole. Esta iniciativa nace da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Durante a xornada, as 30 pemes participantes presentarán os resultados do seu paso polo programa.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.
O 11 de febreiro conmemoráronse dúas datas importantes: o Día Europeo do 112 e o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con tal motivo, a Axencia Galega de Emerxencias -AXEGA-, a través do 112 Galicia, realizou en Tecnópole unha serie de actividades para o alumnado da Aula Newton. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente de Axega, Marcos Araújo, acudiron ao Parque e acompañaron á rapazada nesta experiencia, ao tempo que responderon ás súas inquedanzas sobre o 112 e o día a día da Axencia.
"Aforrar non é sexy". A afirmación de David Conde, cofundador da fintech Coinscrap Finance, coincide cun curioso dato recente extraído do estudo 'The Millennial Disruption Index': o 71% dos millennials prefire ir ao dentista que á súa sucursal bancaria. A súa empresa, que actualmente pertence ao Visa Innovation Program e que participou no Visa Demo Day, deu pasos de xigante para consolidar o seu obxectivo: axudar a máis de dous millóns de familias nos vindeiros dous anos.
Aerocámaras pecha un ano máis consolidándose como referente no mercado nacional de drons. A súa escola é líder en formación de pilotos, con máis de 35.000 certificados. A empresa lalinense, que en 2022 cumpriu quince anos de traxectoria profesional, cobre máis do 75% do sector dos drons en España. Unha das grandes novidades de 2022 foi o despregamento de Aerocámaras Portugal, con sede en Coímbra e centros de formación en Lisboa, Porto e Faro, onde xa comezou a impartir formación e ten previsto ampliar o seu catálogo de cursos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou que na primavera estarán ao servizo dos veciños 2,8 novos quilómetros de sendas seguras no Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas, tras un investimento dun millón de euros.
A da Medorra terá unha lonxitude de 2,1 quilómetros e pasará polos tres concellos. Comeza no cruzamento co regacho de Pazos e percorre o Parque Tecnolóxico de Galicia até a OU-537, onde se solapa coa xa executada na contorna dos parques empresariais.
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense fixo balance da súa actividade. Trátase dunha entidade que agrupa a 140 asociados a través de firmas de diferentes sectores. «Ourense é unha terra de oportunidades», explicou a súa presidenta, Nuria Iglesias. As empresas integrantes da asociación dan emprego a medio milleiro de persoas e lograron unha facturación durante o último ano de 36 millóns de euros.
O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) dá por superada definitivamente a crise da pandemia e nos seus plans non está que a difícil conxuntura actual marcada pola invasión de Rusia a Ucraína e o elevado custo das materias primas lle inflúa demasiado. Faltan aínda os datos definitivos, pero na súa asemblea xeral a alianza confirmou que o pasado 2022 pechouse coa facturación e o emprego á alza, despois de alcanzar o exercicio anterior unha cifra de negocio xa superior aos 90 millóns de euros.
O Clúster da Madeira e Deseño de Galicia asegura que «o sector da madeira é un sector en alza», que se viu favorecido por cambios recentes. Por un lado, o xerente da entidade, Ricardo González, asevera que o sector se viu favorecido polas tendencias de consumo mundiais que apuntan cara a un consumidor máis responsable, «cada vez máis informado e concienciado coa sustentabilidade, o impacto ambiental, o respecto pola natureza, o cambio climático e a saúde».
A Intelixencia Artificial converteuse en clave para a dixitalización das empresas. Así se pon de manifesto no segundo “Mapa de empresas que impulsan a Intelixencia Artificial en España” elaborado por Iberinform, en colaboración con AI-Network e BigData Magazine. De acordo con este informe, o número de provedores de solucións de IA medrou un 16% con respecto ao ano anterior. A maioría destas empresas, isto é, un 73% delas, son de capital español.