O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta primeira edición, que está a piques de concluír, participan 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.
“Que non veñan, que agora volvemos nós”. Así responden os alumnos do IES Ricardo Carvalho Calero cando se inicia o período de reservas para as actividades da Aula Newton, en Tecnópole. Alí estiveron o curso pasado, igual que moitos outros centros de Galicia, participando na actividade “Voando con números”, para a que Aula Newton conta con catro simuladores de voo. Así, os estudantes inícianse no mundo da aviación dunha forma totalmente inmersiva, simulando e aprendendo a resolver situacións de risco.
A viguesa Alén Space e outras tres empresas emerxentes do sector espacial -Elecnor Deimos, DHV Technology e Satlantis- aliáronse para presentar unha proposta conxunta encamiñada ao desenvolvemento dos oito satélites cos que España participará na futura Constelación Atlántica, unha misión conxunta con Portugal.
A firma tecnolóxica galega Coinscrap, que dá nome a unha aplicación que nos permite redondear as nosas compras con cartón de crédito ou débito pasando a diferenza entre a compra e o redondeo a unha conta de aforro, aliouse co Banco Santander para achegar aos clientes da financeira unha solución que lles permita aforrar da maneira máis sinxela, útil, eficiente e eficazmente posíbel.
A Xunta de Galicia apoiará á empresa lalinense Aerocámaras para avanzar no seu plan de crecemento nacional e internacional, cun investimento comprometido até un tope de 850.000 euros. Este apoio realizarase a través de Sodiga Galicia, unha entidade que xestiona XesGalicia e dentro das actuacións do plan estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia.
Catro propostas emprendedoras ideadas por estudantes do campus de Ourense obtiveron apoio da Universidade de Vigo a través da convocatoria Incuvi, que ofrece formación e titoría para acelerar o proceso de saída ao mercado. Tres delas están aínda na súa fase incipiente e unha na de consolidación.
O Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), entidade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, lanzou unha nova invitación pública, baixo o marco de Incibe Emprende, para o desenvolvemento de actuacións de emprendemento en ciberseguridade. Con ese obxectivo, promoverá iniciativas de impulso do emprendemento, con especial incidencia nas provincias e rexións menos desenvoltas empresarialmente no sector industrial da ciberseguridade.
Os fondos Next Generation estableceron dous alicerces esenciais polos cales todas as empresas deben apostar. O primeiro, a sustentabilidade e a redución das emisións. O segundo, aínda máis transcendente para sobrevivir hoxe na economía global, o da dixitalización. Con todo, neste último, o reto está moi lonxe de superarse tanto en España como en Galicia. Porque a maioría de empresas pequenas ou medianas da comunidade, a pesar de estar a mellorar as súas actuacións neste sentido, aínda non están a encarar boa parte dos grandes procesos da dixitalización.
O sector dixital pechou 2022 cun balance moi positivo en materia laboral. Nun informe de ManPowerGroup especifícase que de cara a 2025 poden chegar a xurdir ata 97 millóns de postos de traballo novos en IA, economía verde e economía da atención en Europa pola “tendencia de transformación dixital en todos os sectores produtivos e a vontade dos organismos institucionais de dar un empuxón a estas profesións”.