Primux é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxía accesible, con máis de quince anos de traxectoria na fabricación de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, acaba de lanzar ao mercado os seus novos ordenadores gaming Lynx e Draco. Reforza así a súa aposta por ámbitos cunha importancia crecente na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición.
A empresa galega Aerocamaras, especializada no desenvolvemento de vehículos non tripulados e solucións tecnolóxicas para estes equipos, desenvolveu unha serie de innovacións pioneiras en Europa para o uso de drons en tarefas de rescate e seguridade. Trátase de tecnoloxías e desenvolvementos 100% made in Spain que se poden aplicar a servizos profesionais como loxística, inspeccións técnicas, emerxencias, seguridade, topografía, agricultura de precisión ou mesmo ao mundo audiovisual.
Impulsada pola Xunta e dinamizada por Clusaga, a aceleradora do sector alimentario BFFood seleccionará ata 16 proxectos de emprendedores, novas empresas, spin offs e startups. Nesta V edición pódense presentar candidaturas ata o 20 de decembro ás 14.00 horas a través da web. Son as empresas as que mentorizan os proxectos.
Biofilia, sustentabilidade e, en xeral, mellora da calidade de vida son varios dos conceptos que van asociados ás edificacións construídas coa madeira como elemento principal; conceptos que se incrementan ao tratarse de instalacións destinadas ao coidado da saúde. Os beneficios que as construcións nun material natural e orgánico como é a madeira teñen sobre a saúde das persoas non son novos.
A Deputación de Ourense porá en marcha o proxecto AcelerOu de apoio a pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores para levar a cabo a transformación dixital dos seus negocios. Cunha duración de 24 meses, o programa abrangue desde a dixitalización das empresas até a estratexia e cultura dixital, a relación co cliente, a visibilidade e comercialización dos novos produtos e servizos, sen esquecer a seguridade informática.
A provincia de Ourense sae gañando en crecemento exponencial e en emprego de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial nalgún dos procesos da empresa. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) recoñece o auxe TIC de Ourense destacando que, tras a pandemia, incrementouse o número de empresas TIC na provincia ourensá, cun crecemento de 19 compañías, fronte ás 16 de Pontevedra, 15 da Coruña e 10 de Lugo.
As tecnoloxías disruptivas están cada vez máis presentes nas empresas da comunidade, e como mostra vemos que o 10,9% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores emprega algunha tecnoloxía de Intelixencia Artificial, o que sitúa a Galicia no quinto posto do ranking por comunidades autónomas, por diante de Andalucía ou o País Vasco. Isto supón un ascenso no posicionamento de Galicia no contexto estatal, avanzando do noveno posto do ano anterior ao quinto, tras experimentar un crecemento do 50% no último ano.
Entre as principais preocupacións coas que teñen que traballar as empresas en todo o mundo nestes intres, o temor a un ciberataque a escala global sitúase mesmo por diante a unha recesión económica ou a imposibilidade de atallar a elevada inflación. Con todo, a pesar de ser unha ameaza, só catro de cada dez empresas (40%) consideran que teñen completamente protexidas as súas áreas máis críticas contra os ciberdelincuentes.
A conectividade dixital, o impulso da ciberseguridade e o despregamento do 5G contan en 2023 cun 69,3% máis que este ano, con 2.624 millóns de euros en total. No informe de Orzamentos indícase que máis da metade (1.450 millóns) destínase ao despregamento de infraestruturas dixitais transfronteirizas e ao fomento da participación de empresas españolas en proxectos multipaís; e 570 millóns ao despregamento do 5G nos principais corredores de transporte (estradas e vías férreas) e á extensión da cobertura en todo o territorio nacional.
O Congreso aprobou a Lei de Startups, coa que o Goberno busca converter a España nun polo de emprendemento e atraer investimento. A norma, que incorpora cambios consensuados cos actores do sector e o resto de partidos, prevese que entre en vigor o 1 de xaneiro de 2023. A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, asegurou que “o business case que expón o Goberno é que en tres anos tras a entrada en vigor da nova lei podamos conseguir un incremento mínimo do 20% sobre o investimento actual” no sector do emprendemento.