Outubro 2022

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole acolle a exhibición de proxectos emprendedores do Coworking Igape-EOI

A 6ª edición do Coworking Igape-EOI, lanzado pola Xunta e a Escola de Organización Industrial, dá apoio a 220 proxectos emprendedores, principalmente do ámbito rural galego. Un total de 32 emprendedores xa puideron amosar 30 novos proxectos empresariais tras recibir 60 horas de formación e 40 horas de mentorización individual durante o desenvolvemento do programa.

Scada Sismored: un sistema de monitorización de redes de enerxía (Galicia Avanza)

O ámbito da enerxía está dividido en tres grandes bloques: xeración, distribución e comercialización. En España, ademais das cinco grandes empresas, operan unhas 300 distribuidoras de enerxía. En Galicia hai unhas 30. Itelsis, unha firma compostelá, ten como clientes ao redor do 40% do mercado nacional, aos que serven os seus temas Scada, que permiten saber en tempo real o estado da rede e, ademais, tomar accións remotas.

Drons españois inspeccionan os parques fotovoltaicos de Brasil (Aerocamaras)

A tecnoloxía dos drons incorporouse ao sector de enerxías renovables, máis concretamente ao dos parques fotovoltaicos, como ferramenta indispensable para reducir os tempos de inspección e mellorar a precisión das medicións. Estas inspeccións son imprescindibles para garantir que os activos xeren a produción eléctrica esperada e alongar a súa vida útil. Neste campo a compañía española Aerocamaras é un dos referentes en Europa e Latinoamérica.

O deseñador Roberto Verino lanza unha plataforma de alugueiro de prendas especiais

O deseñador ourensán Roberto Verino acaba de lanzar unha nova plataforma de alugueiro de pezas especiais da marca. O proxecto denomínase Black Label e busca un novo modelo máis consciente de moda. «Permitirá que o cliente goce con pezas que por custo se poden afastar dun orzamento de compra, pero que si gozas temporalmente por menos valor para momentos únicos», sinalou Verino.

A dixitalización do sector forestal, unha realidade

A Consellería de Medio Rural destina un total de 2,5 millóns de euros ás axudas de apoio ás actividades en materia de ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que utilicen a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, á excepción dos alimentarios, como materia prima para a elaboración do que venden. O prazo para realizar as correspondentes solicitudes permanece aberto até o próximo día 30 de outubro ou ben até o esgotamento dos fondos asignados se se produce antes desta data.

A Xunta destaca que o centro de economía circular incrementará a autonomía enerxética de Galicia e as oportunidades laborais, especialmente no rural

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro do Medio Rural, José González, mantiveron un encontro con Reganosa, Repsol e Naturgy, que, xunto coa Sociedade Impulsa e a Xunta, promoven o futuro centro de economía circular para a produción de biogás e fertilizantes a partir de residuos gandeiros.

Os perfís TIC, na ‘pole’ do emprego

Durante o primeiro semestre de 2022, a contratación media de perfís TIC superou o 7,4%, moi por enriba da media do sector servizos en España, que se sitúa no 4,9%. Estes datos, extraídos da última entrega do barómetro mensual TIC Monitor -elaborado por Vass e o Centro de Predición Económica Ceprede- confirma que o dinamismo do emprego neste ámbito mantense ao mesmo ritmo que en 2021: o sector de servizos relacionados coa informática foi o terceiro en creación de emprego a escala nacional, con 73.000 novos ocupados.

As ciberestafas supoñen o 90% dos delitos de carácter informático

As temidas ciberestafas convertéronse nun negocio redondo que utiliza os datos persoais como mercadoría. Esta actividade criminal, que pon en xaque aos cidadáns case a diario, acapara na actualidade case o 90 por cento dos delitos informáticos que rastrexa a Unidade de Investigación Tecnolóxica (UIT) da Policía Nacional, segundo destaca o seu inspector xefe Diego Alejandro Palomino.

A demanda de talento especializado continúa imparable cun crecemento interanual do 7,8%

A demanda de talento especializado non só non bota o freo, senón que pisa o acelerador co obxectivo posto en 2023. O sector de servizos TIC continúa exhibindo músculo en España dando mostras de fortaleza grazas ás súas cifras de contratación. Así, entre xuño de 2021 e xuño de 2022, a demanda de talento especializado medrou un 7,8%. Ademais, durante o primeiro trimestre de 2022, o ritmo de contratación media superou o 7,4%, unha cifra holgadamente superior que a media do sector servizos na rexión (4,9%).

Galicia é a terceira comunidade que ten a maior porcentaxe de persoas que teletraballan

Galicia é a terceira comunidade, tras Madrid e Cataluña, na que maior porcentaxe de ocupados traballa desde as súas casas tanto de modo habitual (entendendo por tal máis da metade dos días laborables) como ocasional, segundo un estudo da compañía de recursos humanos Randstad realizado a partir de datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Segundo esta análise, en Galicia teletraballaron durante o pasado trimestre o 12,9% dos seus profesionais, tanto de forma esporádica como habitual, un cociente só inferior ao 22,2% da Comunidade de Madrid e o 14,3% de Cataluña.

Páxinas