A Aula Newton Galicia xa desenvolveu un curso completo con grande éxito entre alumnado de 3º e 4º da ESO de toda a comunidade. Impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole, arrincaba a finais de outubro de 2021 coa experiencia “Voamos con números: unha aventura aérea”, iniciando ao alumnado no mundo da aviación a través dos coñecementos matemáticos.
A empresa Ingeo, situada en Tecnópole, promove un curso de iniciación ao mergullo autónomo recreativo, que se celebrará do 28 de xuño ao 3 de xullo, con condicións especiais para as empresas do Parque. Consta de parte teórica, práctica e exame final. A parte teórica centrarase na física e fisioloxía do mergullo, a vida acuática, o equipo de mergullo, a contorna e a planificación de inmersións. A práctica divídese en dúas partes: augas confinadas e augas abertas.
Aerocamaras constituíuse en Lalín hai 15 anos, nun primeiro momento como produtora audiovisual, e desde o ano 2012 revolucionando o mercado para cubrir as solicitudes de demanda de servizos con drons que chegaban dunha ampla variedade de industrias e compañías.
En BiG Formación, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, traballan no ámbito da formación profesional para o emprego en catro sectores estratéxicos: a sanidade, a atención sociosanitaria, o fitness e o TIC. Na actualidade contan cunha rede de 34 centros a nivel estatal e máis de 300 especialidades formativas acreditadas. No eido da formación profesional dispoñen de dous centros con sete homologacións na área da sanidade.
Xa están en marcha as novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, coas que a Xunta de Galicia prevé apoiar ao redor de 90 pemes e microempresas no obxectivo de introducir as vantaxes da innovación en procesos, organización, produtos e servizos. Investiranse 4,3 millóns de euros que permitirán mobilizar 8,6 en sectores tan importantes como as industrias auxiliares conserveiras, as TIC ou o mundo automobilístico, entre moitos outros.
As sete cidades galegas contarán con centros de ciberseguridade a través dun plan de dixitalización financiado polo Goberno, que distribuirá máis de 3,6 millóns de euros entre as urbes. As subvencións están ligadas ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e forman parte dos 89,4 millóns que o Goberno repartirá entre 145 Administracións locais de toda España.
Pequenas empresas e autónomos de Galicia poden mellorar o aforro e a eficiencia enerxética dos seus negocios grazas á posta en marcha do programa Bono Enerxía Peme. Estas axudas, impulsadas o pasado ano para reactivar a economía a raíz da situación xerada pola crise sanitaria da Covid, volven convocarse dentro do Plan de choque da Xunta de Galicia. O obxectivo é facer fronte á actual carestía dos productos enerxéticos e a situación de inflación.
A dixitalización impactou de pleno no ámbito empresarial, que loita por adaptarse ás novas esixencias do mercado e compite por contratar aos profesionais máis cualificados. Máis que nunca, as empresas buscan a desenvolvedores, programadores, arquitectos de ciberseguridade e enxeñeiros de intelixencia artificial para incorporar aos seus cadros de persoal. Tamén a analistas de big data, unha das xoias no ecosistema dixital. Pero non sempre é doado dar con eles, xa que faltan traballadores especializados neste ámbito tecnolóxico.
Papeis, trámites, prazos, custos... Acceder aos fondos europeos converteuse para as empresas nun quebradizo de cabeza, nun proceso falto de transparencia que pode rematar facendo perder a España o tren da transformación económica. A folla de ruta trazada polo Goberno está chea de complicacións, dunha burocracia asfixiante que pode alongar o proceso de concesión de axudas até oito meses.
Hai anos que, afortunadamente, a presenza da muller na universidade se normalizou. Hoxe son máis elas que eles nos estudos de grao en España. Con todo, hai carreiras que parecen seguir vetadas para as mulleres. En especial, as que se relacionan coas disciplinas STEM (acrónimo que inclúe ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e tamén matemáticas). As cifras así o mostran. No ámbito da educación, elas teñen moita presenza (77,9% por 22,1% os mozos), segundo datos do Ministerio de Universidades.