Abril 2022

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O 3 de maio remata o prazo participar en “Galicia Avanza”, o programa de aceleración para a internacionalización de pemes innovadoras impulsado pola Xunta e Tecnópole

As pemes innovadoras galegas que desexen participar no programa de aceleración “Galicia Avanza” para favorecer a súa internacionalización teñen de prazo até o 3 de maio para presentar as súas solicitudes. Este programa, que se porá en marcha desde Tecnópole, xorde da colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Unha app para democratizar o investimento en Bolsa da man da empresa de Tecnópole TxStockData

Non é necesario ser un experto para poder investir en Bolsa. A aplicación Senseizero, creada por dous mozos galegos, é hoxe unha potente ferramenta que empregan tanto investidores experimentados como aquelas persoas con menor cultura financeira. Esta startup naceu no seo da aceleradora de Abanca co obxectivo de dar accesibilidade e oportunidades de investimento a usuarios non tan experimentados no mundo das finanzas, pero tamén para educar á poboación máis nova co fin de que perdese o medo a investir.

O fondo Nexxus Iberia adquire unha participación da firma Aerocámaras

O crecemento exponencial da firma Aerocámaras, que cumpre tres lustros de vida en 2022, que se sitúa cada ano en taxas de crecemento por enriba do 50% e que rolda os dez millóns de vendas cativou o interese dos fondos de capital privado. As negociacións posibilitaron que un deles, Nexxus Iberia, acabe de pechar a adquisición dunha parte significativa da empresa, que nestes intres lidera no noso país o desenvolvemento, formación, vendas, xestión aeronáutica e servizos profesionais con drons.

18 millóns de euros a medidas contra a ciberdelincuencia

O Informe de medidas en materia de ciberseguridade lideradas pola Xunta de Galicia fai referencia a actuacións en marcha ou que comezarán a aplicarse en 2022 e que suman investimentos de preto de 18 millóns de euros. O informe enmarca as actuacións da Xunta en materia de ciberseguridade nun decálogo de medidas de tres tipos: as infraestruturas e operacións, a estratexia de colaboración público-privada, e a formación e concienciación.

A Xunta convoca dúas novas edición da aceleradora do sector aeronáutico BFAero

A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), o Igape e XesGalicia, dependentes da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, convoca dúas novas edicións da aceleradora do sector aeronáutico BFAero, cun investimento total que poderá alcanzar os 7,2 millóns de euros e que pretende apoiar a 25 empresas deste ámbito.

A Asociación Galega do Hidróxeno ponse en marcha

A Asociación Galega do Hidróxeno AGH2 nace para representar os intereses comúns das diferentes organizacións que operan no ámbito da tecnoloxía de hidróxeno en Galicia, acompañando e fomentando a colaboración entre empresas e administracións públicas para promover proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

Santiago Domínguez, de Bio&Tech Smart Capital: «En biotecnoloxía, Galicia é unha potencia a todos os niveis»

Coa carta de presentación de ser o conselleiro delegado de MestreLab Research, unha empresa que xurdiu da Universidade de Santiago «con 3.000 euros e dous portátiles» e hoxe trae a Galicia dez millóns de euros ao ano, Santiago Domínguez desembarca na comunidade con Bio&Tech Smart Capital, o primeiro fondo galego de capital risco privado especializado en biotecnoloxía. O grupo Zendal, a sociedade xestora Noso Capital Sgeic e o propio Domínguez están detrás deste proxecto.

-Que busca este fondo privado? Situar a Galicia como unha potencia en biotecnoloxía?

O TIC galego creou 1.400 empregos en 2021, récord do lustro

O sector tecnolóxico galego creou 1.397 postos de traballo en 2021, un 7,2% máis que o ano anterior, o que supón o incremento máis elevado dos últimos cinco anos cun total de 20.740 empregados. Galicia, con máis de 2.960 empresas TIC, un 2,2% máis que en 2020, é a quinta comunidade por número de empresas tecnolóxicas, que xa supoñen máis de 1.700 millóns de euros de valor engadido bruto á economía galega, o 2,69% do PIB, segundo o último dato dispoñible de 2019.

A Xunta impulsará a presenza de traballadoras no sector tecnolóxico

Ante a posibilidade de que as mulleres queden fóra dos empregos do futuro, nos que a tecnoloxía será fundamental, a Xunta avoga por colaborar coas universidades, entidades privadas e coa comunidade escolar para encamiñar ás nenas e ás mozas cara a formación TIC (Tecnoloxías da Información e as Comunicacións). Neste senso, o informe As mulleres e as TICs, elaborado polo Consello Galego das Mulleres, constata que existe unha fenda no emprego entre homes e mulleres de case 35 puntos no sector.

Só o 20% das pemes e autónomos españois están dixitalizados

España ocupa actualmente o posto 16 do ranking europeo DESI (Dixital Economy and Society Index) na dimensión de integración da tecnoloxía nas empresas, por debaixo da media dos 27 países da UE. Nun momento de crise causada pola pandemia, e cunha contorna económica globalizada na que os negocios necesitan dar a coñecer e vender os seus produtos e servizos máis aló do seu ámbito local, a modernización tecnolóxica converteuse nunha urxencia de país.

Páxinas