Marzo 2022

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Parque Tecnolóxico de Galicia presenta o Plan Estratéxico 2022-2024 co que agarda consolidar a actividade empresarial a través da innovación e a sustentabilidade

O Consello da Xunta do 3 de marzo coñeceu o Plan Estratéxico 2022-2024 do Parque Tecnolóxico de Galicia co que a entidade agarda abrir unha nova etapa de crecemento e consolidación da actividade empresarial, apostando pola innovación e a sustentabilidade para captar investimentos e atraer e reter talento.

Smartgecko, a solución 4.0 para os almacéns do futuro (Tecnópole)

O auxe do comercio electrónico implica respostas loxísticas cada vez máis precisas e rápidas, nas que a xestión do almacén é un punto crítico para as empresas. A esta necesidade trata de dar resposta SMARTGECKO, unha solución que combina recursos punteiros baseados na intelixencia artificial para avanzar cara a un modelo de almacén 4.0 que permitan acompañar ao crecemento do e-commerce.

Coasa especializa a trinta mozos en fabricar pezas para avións

Ourense gañou o seu oco no mapa do sector aeronáutico en España. A nivel formativo, vencéllase á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e de Espazo do Campus de Ourense. Con todo, a canteira de enxeñeiros do sector non é a única vía para lograr un traballo no mesmo. No Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, atópase o denominado Centro de Estudos Aeronáuticos.

Drons galegos de inspeccións revolucionan parques eólicos de México, Chile e Brasil

A empresa Aerocamaras desenvolveu un sistema que permite abaratar custos á vez que se inspeccionan grandes superficies en tempo récord, facilitando o acceso a zonas complicadas e detallando o estado da estrutura con diferentes clases de medicións. Jaime Pereira, CEO da empresa, di que “o sector pedía a berros un cambio e os drons destapáronse como a solución". 

Ourense participa en cinco proxectos de Conecta Hubs

Coren, Redegal, Lincbiotech, Madera Plus, Amodo Soluciones, Viña Costeira e Arbinova son empresas ourensás que comparten o seu carácter innovador, traballando para ofrecer solucións diferentes ás necesidades do mercado e dos consumidores. Os seus proxectos atoparon o respaldo da Xunta, a través da Axencia Galega da Innovación (Gain) no marco do programa Conecta Hubs, no que se destinan 6,4 millóns de euros para proxectos de I+D+i en procesos, organización ou innovación de produtos.

Cincuenta emprendedores dan forma á súa idea de negocio nos «coworking» de Ourense

Un total de 57 ourensáns cunha idea de negocio presentaron o seu proxecto para participar nun dos tres coworking que a Xunta porá en marcha este ano na provincia: na Rúa, na Mancomunidade do Carballiño e na Tecnópole, con apoio da Escola de Organización Industrial. «O obxectivo é que ningún proxecto viable quede nun caixón por falta de apoio», en palabras do conselleiro de Industria, Francisco Conde, na presentación celebrada en Valdeorras. Nas cinco edicións anteriores de coworking na provincia creáronse 89 empresas, con 122 postos de traballo.

A Deputación de Ourense opta a ayudas para crear unha Oficina Acelera Peme

A Deputación de Ourense quere impulsar a transición dixital de pemes, autónomos e emprendedores nas zonas rurais da provincia a través dun programa de sensibilización e asesoramento AcelerOU que presentou ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital no marco da convocatoria de axudas para a creación da Rede de Oficinas Acelera Peme.

Máis madeira, a clave para a construción sostible en Galicia

Os expertos coinciden en sinalar “o século XXI como o século da madeira”, destacando especialmente as súas propiedades ambientais, ao ser renovable, biodegradable e neutra en emisións de gases de efecto invernadoiro. O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) indica o impacto que podería ter un incremento na súa utilización para a economía autonómica, que consideran moi relevante, resaltando desde a súa importancia na creación de postos de traballo nas zonas rurais á xestión dos bosques para a redución do risco de incendios.

A aeronáutica prevé un aumento de pedidos este ano en Galicia

O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) prevé que este 2022 será o ano da “recuperación” do sector, despois de que no exercicio pasado as compañías reducisen a súa facturación, pero tratando de manter os postos de traballo. O seu presidente, Enrique Mallón, explicou que as empresas galegas esperan un importante aumento dos pedidos ante o incremento dos desprazamentos internacionais.

Os retos da ciberseguridade

Na actualidade, a ciberseguridade ou seguridade informática converteuse nunha das grandes preocupacións da sociedade. Cada vez é maior o número de dispositivos que se posúen e cada vez son máis os aparellos e infraestruturas que poden ser conectados, polo que son susceptibles aos ataques cibernéticos, quedando vulnerable toda a información que estes rexistran. Ademais, a pandemia e o confinamento catapultaron o teletraballo e cada traballador que se conecta desde a súa casa ao sistema da empresa é unha porta aberta aos ciberataques.

Páxinas