Febreiro 2022

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Concurso de fotografía a través Instagram de Galiciencia

Ademais do concurso de proxectos, Galiciencia convoca un concurso de fotografía a través de Instagram. Este certame está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España. As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira, a “Economía Circular”. O prazo para presentalas remata o vindeiro 18 de abril.

Concurso para deseñar a camiseta oficial de Galiciencia 2022

No marco de Galiciencia 2022 convócase o concurso de deseño da camiseta oficial da feira. Este certame diríxese a todo o alumnado de Primaria dos centros educativos de Galicia. As propostas deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición de Galiciencia, a “Economía Circular”. O prazo para presentalas remata o vindeiro 25 de marzo.

Navia 3D: Contornas virtuais para múltiples sectores (Tecnópole)

Navia 3D logrou renovar o apoio do programa Incuvi a través da convocatoria Avanza e poderá ampliar a súa estadía na Tecnópole ou na Zona Franca, localización que o equipo formado por Rita Pérez e Simón Fernández está a valorar, xa que a súa sede está en Ribadavia. A súa proposta é unha empresa con base tecnolóxica onde o seu forte, o modelo 3D e a virtualización, son a base principal para moitas tecnoloxías emerxentes que están a usar nos seus proxectos como a realidade virtual, realidade aumentada ou contornas interactivas.

Seis innovadores proxectos que facilitan o aforro e a educación financeira a toda a poboación (entre eless, Coinscrap, instalada en Tecnópole)

Preto de 1700 millóns de adultos non poden acceder a ningún tipo de servizo financeiro, segundo os últimos datos do Banco Mundial. É dicir, non teñen unha conta nun banco que lles permita, por exemplo, ingresar diñeiro ou realizar calquera tipo de envío. Ter acceso a servizos financeiros é clave para o desenvolvemento da poboación, determinante na súa participación activa na sociedade e esencial para realizar movementos tan básicos como o pago de subministracións do noso día a día ou aforrar.

O sector da madeira aspira a captar en dous anos 140 millóns

A nova “Axenda de impulso da industria forestal-madeira 2022-2024” que impulsa a Xunta mobilizará 140 millóns de euros -dos que o Executivo galego porá 58- que servirán para modernizar o sector e beneficiarán a 700 empresas. Anunciouno o presidente, Alberto Núñez Feijóo, destacando que esta materia prima dos montes está «gañando novos usos».

Haberá tres novas convocatorias da Business Factory Food, ata 2024

Ata o 30 de abril está aberto o prazo para participar na cuarta convocatoria, que este ano inviste 2,3 millóns de euros para acelerar e consolidar 12 proxectos. O vicepresidente económico, Francisco Conde, lembrou na clausura da III edición da aceleradora alimentaria Business Factory Food (BFFood) que Xunta e Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) comprométense a facelas.  

Bioga, o epicentro que marca o futuro da biotecnoloxía española desde Galicia

Até agora pensar en Galicia era, a nivel económico, pensar en agricultura, gandaría, pesca ou industria téxtil. Pero Bioga está a demostrar que, desde terras galegas, tamén se debuxa o futuro dun dos sectores máis importantes do noso país: a biotecnoloxía. Un sector que, segundo coinciden practicamente todos os analistas, está a protagonizar un dos maiores crecementos económicos do momento. Así, segundo a Asociación Española de Bioempresas en España (AseBio), o sector biotecnolóxico español medrou un 21% en 2019.

A aeronáutica galega ve a luz e pon o foco en drons, defensa e mercadoría

A industria aeronáutica galega confía en remontar este ano o voo despois de que a covid cortase as súas ás hai xa case dous anos. Co freo á mobilidade e a incerteza que xerou a crise sanitaria, as compañías aéreas conxelaron na súa gran maioría a contratación de novas naves e iso impactou directamente na actividade do sector.

A Universidade da Coruña crea unha cátedra para impulsar a presenza feminina na tecnoloxía

A Universidade da Coruña (UDC) e a empresa nipoa NTT Data asinaron un convenio de colaboración para constituír a nova Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía, que empezará a funcionar este mesmo mes e, entre outros obxectivos, impulsará a presenza de mulleres no sector.

A primeira iniciativa foi a celebración de Uniqa, un seminario feminino que busca impulsar as habilidades directivas e de marca persoal e pechar a brecha de sexo nas carreiras técnicas e científicas, dominadas por homes.

Economía lanza tres liñas de axudas para parques empresariais

A Xunta, a través da vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, convocou un total de 8,35 millóns en tres ordes de axudas destinadas á mellora dos parques empresariais para “renovar e modernizar estas infraestruturas, favorecer a creación de novas compañías e empregos, así como impulsar a competitividade”.

Páxinas